20 anos de centros públicos integrados en Galicia, unha forma pioneira para a educación no rural

En xaneiro de 1999, a Xunta aprobaba o decreto para implantar e regular os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias. Desde entón, 64 centros aplicaron este modelo e Galicia converteuse nun referente para outras autonomías que lle seguen os pasos, especialmente para dar resposta ás necesidades do rural.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/01/2019 | Actualizada ás 21:55

Comparte esta noticia

Os colexios públicos integrados (CPI) cumpren 20 anos en Galicia como solución, principalmente, para as necesidades especiais do rural. Trátase de centros que funcionan dunha maneira similar á maioría de concertados: os cativos entran con 3 anos e saen con 16, cursando no mesmo centro Infantil, Primaria e Secundaria.

Estudante nun colexio
Estudante nun colexio | Fonte: Cedida

Os CPI foron creados pola Consellería de Educación en 1999, polo Decreto 7/1999, de 7 de  xaneiro (DOG núm. 16, do 26 de xaneiro de 1999), convertindo a Galicia en pioneira no desenvolvemento desta proposta educativa (autonomías como Castela e León, Aragón ou Baleares están a imitar agora a solución galega).

Nestes vinte anos, puxéronse en marcha 64 CPI nas catro provincias galegas, sendo A Coruña na que máis de espallaron, con 28 centros actualmente. En segundo lugar atópase Pontevedra con 16, seguida por Lugo con 12, mentres que en Ourense só existen oito na actualidade.

Tendo en conta que en Galicia esta solución educativa ten, entre outros obxectivos, dar resposta ás necesidades da poboación rural, semella cando menos paradoxal que as provincias máis rurais sexan as que menos CPI puxeron en marcha.

"Todos estes centros comparten un obxectivo común: progresar e avanzar acorde aos novos tempos, para dar resposta ás necesidades dos seus alumnos/as, e para iso forman parte de programas relacionados co impulso no uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación na aula como recursos didácticos de aprendizaxe", explican Enelina María Gerpe Pérez, do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela, e Luis Fernando Pérez Méndez, orientador e investigador da Consellería de Educación, nun traballo titulado 'Panorámica actual de los centros públicos integrados de enseñanza obligatoria en la Comunidad Autónoma de Galicia', publicado en Innovación Educativa, revista anual da USC.

Tamén destacan destes centros "a promoción da radio e recursos ou plataformas online como recurso didáctico de aprendizaxe que vén complementar os tradicionais recursos cos que conta a aula; impulso de actividades e accións que fomenten a igualdade, así como unha convivencia positiva", aportan.

Para estes expertos, o modelo integrado de escolarización "permite abordar as dificultades dos alumnos, como poden ser o proceso de descontinuidade co cambio de etapa e, por tanto, pode mellorar os procesos de estabilización dos mesmos no transcurso da etapa educativa obrigatoria, e contribuír de maneira indirecta a que os novos poidan concluír da forma máis óptima posible dita etapa educativa, así como desenvolver actuacións que propicien unha formación integral en coñecementos e valores dos alumnos, co fin de contribuír á formación de cidadáns libres, críticos e democráticos".

Ao mesmo tempo, destacan que permite a "permanencia no lugar de orixe e o mantemento e reforzo do arraigamento no mundo rural".

O certo é que este modelo implantado en Galicia permite non só dar resposta ás necesidades do mundo rural, tamén contesta o modelo educativo establecido a partir de 1990 en España. Antes, os alumnos estudaban en colexios até o oitavo curso de EXB e cambiaban aos institutos con 14 anos. A LOGSE mudou o modelo e adiantou dous anos o paso de Primaria a Secundaria. Pero a necesidade de aproveitar espazos e adaptarse á situación demográfica motivou a aparición dos centros integrados, que comezaron en Galicia e xa se estenden polo resto do Estado.

A CORUÑA

Os CPI da Coruña concéntranse nos concellos de carácter rural, case todos eles de interior, cunha poboación aproximada de entre 1.300 e 30.000 habitantes. 

Nome

Enderezo

Concello

Cód. postal

Teléfono

CPI Castro Baxoi

Rúa Marismas s/n

Miño

15630

881880765

CPI Plurilingüe Virxe da Cela

Lugar O Xestal S/N

Monfero

15619

981777606

CPI do Feal

Rúa Río Seco (O Feal) s/n

Narón

15572

881938177

CPI Camiño de Santiago

Rúa do Concello 16

O Pino

15821

881867011

CPI Plurilingüe dos Dices

Os Dices

Rois

15911

881866890

CPI de San Sadurniño

Rúa Marques de Figueroa 19

San Sadurniño

15560

881930489

CPI Pecalama

Pontepedra

Tordoia

15683

881960001

CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz

Rúa Isabel II s/n

Touro

15822

881867840

CPI de Viaño Pequeno

Viaño Pequeno

Trazo

15687

881866510

CPI de Atios

Avenida SAN SADURNIÑO 19

Valdoviño

15552

881938107

CPI de Bembibre

Rúa Socortes 18

Val do Dubra

15873

881866981

CPI Plurilingüe de Vedra

Avenida do Mestre Manuel Gómez

Vedra

15885

881867015

CPI de Zas

Rúa de Galicia 49

Zas

15850

881960028

CPI As Mirandas

Avenida Celso Emilio Ferreiro 4

Ares

15624

881930020

CPI Plurilingüe O Cruce

Campo da Feira

Cerceda

15185

881880500

CPI de Cruz do Sar

Rúa A Senra 33

Bergondo

15165

881960215

CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón

Tarrio

Dodro

15981

981802205

CPI A Xunqueira

Avenida do Mar s/n

Fene

15500

881930110

CPI de Ponte Carreira

Rúa do ensino, s/n - Ponte Carreira

Frades

15686

881880671

CPI Plurilingüe Cabo da Area

Rúa Isidro Parga Pondal 45

Laxe

15118

881880709

CPI Plurilingüe Cernadas de Castro

A Silva 12/14

Lousame

15214

881866801

CPI Plurilingüe da Picota

Rúa Dolores González Jurjo 14

Mazaricos

15256

881866091

CPI de Xanceda

Lugar OS CORRILLOS

Mesía

15685

881880752

CPI de San Vicente

Rúa Tedelle

A Baña

15863

881867001

CPI Armando Cotarelo Valledor

Campo do Rosario, s/n (Gandara)

Boimorto

15818

981516245

CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto

O Forte

Boqueixón

15881

881866783

CPI As Revoltas

Lugar A Carballa 17

Cabana de Bergantiños

15115

881880283

CPI Alcalde Xosé Pichel

Rúa Traba, 88 (San Roque)

Coristanco

15147

881880536


LUGO

Os CPI de Lugo concéntranse nos concellos de carácter rural, todos eles de interior, cunha poboación aproximada de entre 200 e 9.500 habitantes. 

Nome

Enderezo

Concello

Cód. postal

Teléfono

CPI Plurilingüe de Castroverde

Rúa dos Nenos s/n

Castroverde

27120

982870175

CPI de Cervantes

Rúa dos Colexios s/n

Cervantes

27664

982828940

CPI Plurilingüe Virxe do Monte

Feira do Monte

Cospeito

27377

982870262

CPI Poeta Uxío Novoneyra

Seoane

Folgoso do Courel

27324

982828168

CPI Dr. López Suárez

Praza de España s/n

Friol

27220

982828180

CPI Plurilingüe Tino Grandío

Estrada Guntín s/n

Guntín

27211

982870363

CPI Uxío Novoneira

Estrada de Cervantes s/n

Pedrafita do Cebreiro

27670

982870633

CPI Luís Díaz Moreno

Estrada de Aranza s/n

Baralla

27680

982870071

CPI Ramón Piñeiro

Praza dos Reis, s/n (A Pobra de San Xiao)

Láncara

27360

982870370

CPI Plurilingüe de Navia de Suarna

Rúa Pallarón s/n

Navia de Suarna

27650

982870601

CPI Dr. López Suárez

Rúa Rosalia de Castro, s/n (Escairón)

O Saviñao

27540

982828224

CPI San Tomé do Carballo

Rúa do Conde s/n

Taboada

27550

982870851


OURENSE

Os CPI de Ourense concéntranse nos  concellos de carácter rural, cunha poboación aproximada de entre 1.000 e 11.000 habitantes.

Nome

Enderezo

Concello

Cód. postal

Teléfono

CPI de Padrenda-Crespos

Rúa San Roque de Crespos 29

Padrenda

32226

988685040

CPI Plurilingüe Laureano Prieto

Rúa Toural

A Gudiña

32540

988421140

CPI Virxe da Saleta

A Costa

San Cristovo de Cea

32130

988282169

CPI Tomás Terrón Mendaña

Sobradelo

Carballeda de Valdeorras

32330

988335065

CPI Virxe dos Remedios

O Toural

Castro Caldelas

32760

988203089

CPI Antonio Faílde

Entrada Nacional 525

Coles

32100

988202017

CPI Terras de Maside

Rúa OUTEIRO GRANDE

Maside

32570

988685001

CPI Plurilingüe José García García

Mende 1

Ourense

32004

988232529

PONTEVEDRA

Os CPI de Pontevedra concéntranse maiormenre nos concellos de carácter rural, tanto de interior como de costa, cunha poboación aproximada de entre 3.000 e 80.000 habitantes.  

Nome

Enderezo

Concello

Cód. postal

Teléfono

CPI do Toural

O Toural 34

Vilaboa

36141

886151766

CPI Domingo Fontán

Rapeira 9

Portas

36658

886151632

CPI de Pontecesures

Rúa Avelino Pousa Antelo 2

Pontecesures

36640

886151501

CPI Julia Becerra Malvar

Rúa Joaquin Garcia Alvarez, 16-17

Ribadumia

36636

886151636

CPI Plurilingüe de Rodeiro

Rúa B 14

Rodeiro

36530

986790028

CPI Manuel Suárez Marquier

A Cumieira de Arriba s/n

O Rosal

36770

886120385

CPI de Cova Terreña

Dolores Agrelo s/n

Baiona

36300

886120001

CPI Plurilingüe Alfonso VII

Rúa Jose Salgado 18

Caldas de Reis

36650

886159005

CPI da Cañiza

Acceso o Parque s/n

A Cañiza

36880

886120020

CPI de Mosteiro-Meis

Mosteiro

Meis

36637

886151379

CPI de Mondariz

Avenida Grupo Escolar 39

Mondariz

36870

886110291

CPI Plurilingüe Santa Lucía

Rúa Sete 34

Moraña

36660

886159528

CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios

Camiño dos Lagos 1

Nigrán

36340

986365963

CPI Curros Enríquez

Lugar Pazos 25

Pazos de Borbén

36841

886110501

CPI do Progreso

Paseo das Lombas, 2 (O Progreso)

Catoira

36612

886159201

CPI Aurelio Marcelino Rey García

Rúa José Mª Lastra 3

Cuntis

36670

886151222

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta