Este corazón cósmico é a mellor imaxe do ano de Ceos Galegos

A imaxe está asinada por Miguel Sánchez Varela.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/01/2019 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

Este corazón cósmico conseguiu ser escollida como mellor imaxe do ano polo público no concurso Ceos Galegos que organiza o sitio web homónimo. 

O corazón do cosmos, de Miguel Sánchez Varela, premio á mellor imaxe Ceos Galegos 18
O corazón do cosmos, de Miguel Sánchez Varela, premio á mellor imaxe Ceos Galegos 18 | Fonte: ceosgalegos.com

Asinada por Miguel Sánchez Varela, esta imaxe en branco e negro —como describen os propios organizadores do concurso— desafía a tendencia de publicar imaxes a toda cor e conseguiu ser escollida como mellor imaxe do ano polo público e tamén, nunha coincidencia con poucos precedentes, mellor imaxe “con telescopio” do ano 2018 a criterio do xurado profesional.

Que nos conta esta imaxe? Como explica Dosi Veiga —impulsor desta iniciativa—, "situado na constelación de Casiopea, a raíña da Etiopía mitolóxica castigada precisamente pola súa falta de corazón, latexa ao ritmo dos ventos das estrelas que van inchando esa nube de po cósmico. Ampliando a imaxe pódese ollar o incrible detalle das columnas de po que van sendo erosionadas pola radiación estelar".

Se tiveramos un telescopio abondo potente sería moi semellante a como o veríamos cos nosos ollos, incapaces de percibir as cores reais pola falta de luminosidade. Pero ao ser unha toma monocromática conséguense eses detalles tan interesantes", engade.

Máis información en Ceos Galegos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta