GC Aberto

Xosé Fernández, un galego en Auschwitz

Tras a vitoria fascista foi detido e levado pola Gestapo para Auschwitz-Birkenau onde foi liberado polas tropas soviéticas o 27 de xaneiro de 1945.

Por GalizaIsrael (http://www.galiza-israel.org) | GC ABERTO | 20/01/2019

Comparte esta noticia

Xosé Fernández Vázquez, tamén coñecido por comandante Jorge de Soutomaior (alcume que lle deu Xosé Velo Mosquera), nado en Pobra do Caramiñal, en 1904, e falecido na cidade venezolana de Mérida, en 1986. Fillo de António Soutomaior e de Maria Portela. De pequeno "lía máis do que durmía" segundo din os que o coñeceron. Escritor e militar, no comezo da ditadura de Primo de Rivera, comeza a recibir a influencia ideolóxica da revolución rusa e afiliase ao Partido Socialista Obrero Español-PSOE. Coa implantación en 1931 da República, constitúe unha Xunta municipal revolucionaria que tenta impedir a toma de posesión do Alcalde de Caramiñas, elixido na lista monárquica.

Entrada ao campo de concentración nazi de Auschwitz
Entrada ao campo de concentración nazi de Auschwitz

O seu progresivo radicalismo político evidenciouse en obras como: "Ideas sobre a técnica do golpe de Estado" (1932) que coincidiu coa súa marcha do PSOE e afiliación ao Partido Comunista de España-PCE, no ano 1933. Durante a súa etapa de formación política, ao longo da IIª República, era coñecido como Noé. Foi Agregado Naval na Embaixada de España en París. Coordinou a defensa da Ría de Arousa, durante a ofensiva das tropas franquistas sublevadas no ano 1936. Foi Comandante da Mariña durante a Guerra Civil, radical antomonárquico, participa no complot da sublevación republicana de Jaca.

É detido, téndolle sido proposto que opte por unha de dúas solucións: abandonar voluntariamente a Mariña ou afrontar un Consello de Guerra. Decide entón abandonar a Mariña. Pasou entón a dedicarse á acción política. Con sete activistas máis asalta un navío dragaminas no porto de Vilagarcía de Arousa. En Barcelona participa no afundimento do navío Baleares. Tras a vitoria dos fascistas foi detido e levado para o campo de concentración de Saint Ciprien, de onde foi deportado pola Gestapo para o Campo de extermínio de Auschwitz-Birkenau. Liberado polas tropas soviéticas o 27 de xaneiro de 1945 (tiña entón só 37 quilos de peso), viviu tres anos en París, traballando como obreiro de montaxe na fábrica Renault, integrándose en grupos e entidades republicanas no exilio. Chega á Venezuela en 1948, estabelecéndose na cidade de Puerto Cabello. Constitúe entón o DRIL (Directório Revolucionario Ibérico de Liberación), cuxo obxectivo era "o de desencadear accións subversivas contra as ditaduras ibéricas". Participa no secuestro do navío Santa Maria. Tras obter asilo político no Brasil diríxese novamente á Venezuela, de onde é expulsado, marchando para Cuba.

En Cuba desenvolveu actividades como delegado da Tricontinental de Solidariedade cos Pobos da África e da Asia. Viaxa aínda por Camboia, China, Viet-nam e Laos, países onde se desenvolve a revolución comunista. Casado en primeiras núpcias con Eva Vilalonga, de quen tivo un fillo: Franklin. Casa en segundas núpcias con Margarita Ackermann, xudía de orixe alemá, e con quen tivo dous fillos: Federico e Henrique; Casa por terceira vez, en 1958, con Sacramento de Jesus Peña. Falece en Caracas no ano 1986.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta