Por E.P. | A CORUÑA | 18/01/2019 | Actualizada ás 18:11
O Ministerio Público solicita un total de 49 anos de cárcere para un home acusado de atropelar á mantenta, co obxectivo de matalas, a tres persoas coas que tivera un altercado previo nun bar da rúa do Orzán, na Coruña, en outubro de 2017. Un deles faleceu debido ao impacto. Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o xuízo celebrarase con xurado na Sección Segunda da Audiencia da Coruña a partir do 25 de xaneiro e prolongarase ata o 1 de febreiro.
O acusado, de nacionalidade boliviana, saíu de festa con tres amigos. Nun momento da noite, unha das mulleres que o acompañaba iniciou unha pelexa cunha exmoza do acusado o que deu orixe a unha pequena pelexa entre o grupo do procesado e o formado polos mozos marroquís aos que, con posterioridade, atropelou, segundo recolle o escrito de cualificación fiscal. Con posterioridade, o home foise no seu coche e, xa no paseo marítimo, á altura da praia de Orzán, viu ao grupo dos tres mozos.
"O acusado, por vontade exclusiva súa, deu a volta na seguinte rotonda para volver ao seu encontro", sostén o fiscal, que engade que "con vontade inequívoca de causar a morte de todos os que puidese deles, internouse no segundo carril en sentido contrario a uns 90 quilómetros por hora e en cuarta marcha atropelando a dúas deles e fuxíndose a toda velocidade". Pouco despois, foi detido pola Policía Nacional na zona da estación de tren. Para o Ministerio Público, coa súa actuación "buscaba evitar toda posibilidade de defensa dos atropelados".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.