Losada defende uns PGE "realistas" fronte ás "trampas" e "palabrería" do PP

O delegado do Goberno confirma que "hai ofertas para Alcoa que se están estudando".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2019 | Actualizada ás 16:58

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, defendeu uns Orzamentos Xerais do Estado "realistas" presentados polo PSOE e que incrementan "207 millóns de euros sobre as contas de 2018", en confrontación coa "palabrería" e "promesas do Partido Popular" que "mentía" ao consignar partidas que despois non se executaban.

Javier Losada, delegado do Goberno en Galicia. RADIO GALICIA CADEA SER
Javier Losada, delegado do Goberno en Galicia. RADIO GALICIA CADEA SER | Fonte: Europa Press

"Atopámonos con moita palabrería e moitas promesas do Partido Popular, que cando se abría o expediente víase que non se podía executar. Antes mentíase, antes facíase trampas ao solitario. Feijóo debería facer unha reflexión de por que permitiu iso", argumentou Javier Losada nunha entrevista na Cadena Ser, recollida por Europa Press.

Cuestionado pola "alarma" manifestada polo presidente da Xunta de Galicia ante os PGE  Sánchez, o delegado do Goberno valorou que están "nas antípodas do que di o señor Feijóo", porque son os "Orzamentos das persoas" fronte a unhas contas anteriores nas que os números eran superiores, pero non se gastaban as partidas, ao executarse só "o 41%". "Se o empeño que pon en criticar o puxera en executar os orzamentos dos últimos anos, Galicia sairíase do mapa", valorou Losada.

En datos, defendeu que se trata duns orzamentos "realistas" nos que só se consignou o que se pode investir e que sitúan a Galicia  "un 16,8% encima da media nacional" no que se refire ainvestimentos de Fomento

EXECUCIÓN DO PP "INEXISTENTE"

"O máis importante é que a execución que facía o Partido Popular era inexistente, deixou sen investir 2.000 millóns de euros e ninguén, nin Feijóo, dicía unha palabra", engadiu. Neste sentido, culpou ao PP de Feijóo de votar 'non' a que "Galicia tivese 133 millóns de euros máis para investir en sanidade" ao longo deste ano.

"Hai que ver os Orzamentos en global, son case 8.500 millóns de euros, 3.142 para cada galego, cun incremento de 207 millóns de euros de recursos sobre as contas de 2018", subliña, que "permiten reverter políticas regresivas e antisociais do PP. Serven para devolver dereitos e ilusión ás galegas e os galegos, para non deixar a ninguén atrás", valorou.

Losada defendeu cuestións como a revalorización das pensións, que supoñen un investimento extra en Galicia de 61,5 millóns de euros; o incremento nas bolsas ata chegar aos 52.426 estudantes con case 30,5 millóns ou a recuperación do subsidio de desemprego para maiores de 52 anos, así como a equiparación do dereito de paternidade e maternidade.

E para profundar nas súas críticas aos anteriores orzamentos do PP, citou que en 2018 "Montoro orzou 41 millóns de euros para unha fragata en Ferrol, e Feijóo vendeu iso, e non había nada de nada, iso ten que terminar".

"HAI OFERTAS PARA ALCOA QUE SE ESTÁN ESTUDANDO"

Por outra banda, Javier Losada transmitiu o firme compromiso do Goberno co futuro de Alcoa e con "levar a cabo as medidas necesarias para manter o pleno emprego da empresa" e avanza que "hai ofertas que se están estudando".

Tras asegurar que o Goberno traballará no estatuto das empresas electrointensivas para que teñan un marco estable no prezo da enerxía, confirmou que "hai ofertas que se están estudando".

Losada confía en que nos seis meses que quedarían de marxe (se este luns os traballadores votan a favor do preacordo entre sindicatos e empresa) se materialice algunha oferta que dea continuidade ao proxecto. Para iso serán vitais, na súa opinión, os investimentos ás que se comprometeu a multinacional para facer máis atractivas as súas plantas na Coruña e Avilés.

OBRAS DO AVE

Por outra banda, o delegado do Goberno comprometeu a chegada do AVE nas datas anunciadas e tamén no caso da conexión con Lugo, con melloras para a liña e a electrificación da mesma.

Asegurou que se cumprirá o cronograma da autovía Santiago-Lugo, "na que seguiremos facendo os tramos que se poden executar". Losada confía en convencer ao resto de formacións políticas que expresaron rexeitamento e dúbidas sobre as contas, como En Marea. "Teñen que baixar á rúa e preguntar polas pensións e o copago", demandas que inclúen os PGE e que o Goberno atendeu, segundo Losada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

pois que llo conte a Abel Caballero que é un experto en presentar orzamentos fabulosos e logo non executar siquera a metade... e leva 12 anos facendoo e seica convence á parroquia de que é o mellor alcalde do mundo... (as trampas no solitario é algo moi común no pais dos ananos!)