A Xunta reacciona e destina 457.000 euros á loita contra o machismo

Serán axudas dirixidas a 40 entidades sen ánimo de lucro e divídense en dúas liñas de actuación: por un lado, proxectos que fomenten a igualdade e, polo outro, programas de acollida e aloxamento de vítimas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2019 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a resolución de axudas destinadas a programas de promoción de igualdade e loita contra a violencia machista. Así, serán 40 as entidades sen ánimo de lucro que se beneficiarán dunha parte dos 457.000 euros do orzamento total.  

Masiva manifestación en Vigo na xornada de folga feminista do 8 de marzo, Día da Muller
Masiva manifestación en Vigo na xornada de folga feminista do 8 de marzo, Día da Muller | Fonte: Miguel Núñez.

Estas axudas van para entidades sen ánimo de lucro co fin de apoiar a mulleres, especialmente as que están en situación de vulnerabilidade, vítimas de violencia de xénero e os seus fillos, así como aquelas que residen no ámbito rural.

O proxecto consta de dúas liñas de actuación. Por unha banda, destinaranse 227.444 euros para 21 entidades co fin de levar a cabo programas que fomenten a igualdade efectiva entre homes e mulleres, coa eliminación de estereotipos de xéneros.

Polo outro lado, fináncianse con 229.622 euros a 19 entidades con programas de acollida e aloxamento a vítimas de violencia machista, entre outros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta