Feijóo pídelle á ministra de Defensa "que se inicie canto antes" o novo contrato das fragatas F-110

O presidente da Xunta tamén lle reclama a Navantia a construción do dique seco para o estaleiro ferrolán

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2019 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reclamoulle á ministra de Defensa, Margarita Robles, "que se inicie canto antes" a construción da novas fragata F-110 nos estaleiros de Navantia na Ría de Ferrol.

Visita a EXPONAV en Ferrol do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e l. Mero Barral - Europa Press
Visita a EXPONAV en Ferrol do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e l. Mero Barral - Europa Press | Fonte: Europa Press

O titular do Goberno incidiu en que "este contrato para Ferrol, tanto para os traballadores do estaleiro como da industria auxiliar, é fundamental, e, por iso, a necesidade de poder iniciar á menor brevidade a construción das unidades".

Estas manifestacións realizounas en Ferrol, nas instalacións de Navantia, minutos antes de asistir conxuntamente coa ministra de Defensa ao acto de entrega por parte da empresa naval pública do Buque de Acción Marítima 'Furor' á Armada Española, desenvolvido no Arsenal Militar desta cidade.

MODERNIZACÓN DE INSTALACIóNS

Feijoó tamén asegurou que lle reclamou á presidenta de Navantia, Susana de Sarriá, "o interese de utilizar este contrato de face ao futuro, coa realización dunhas boas fragatas" que despois poidan "vender a outros países, como as F-100". "E para iso necesitamos modernizar o estaleiro", sentenciou.

O presidente da Xunta referiuse ao recentemente aprobado plan estratéxico, "votado a favor polos traballadores". "Agora debemos de concretar, rexuvenecendo o persoal, cuns operarios formados e facer contratos eficientes e competitivos para poder exportar", abundou.

DIQUE SECO

Segundo sostivo Feijóo, entre as ferramentas fundamentais para esta modernización inclúese "o novo taller do estaleiro e o dique seco que estaba comprometido no plan estratéxico inicial", en alusión ao elaborado pola anterior dirección de Navantia co Partido Popular na Moncloa e que tamén incluía que esta infraestrutura estivese cuberta, e que desapareceu do novo documento.

"Espero e desexo que podamos utilizar o contrato das fragatas para modernizar o estaleiro na súa totalidade, onde o Ministerio de Defensa é clave, xa que sen el Navantia Fene-Ferrol non se poden modernizar e co contrato das F-110 e este Ministerio hai unha oportunidade histórica de actualización, máis competitivo e de futuro, que posibilitará a venda de buques para outras armadas e países", manifestou.

Ademais, Feijóo reiterou que o seu Goberno ten "12 millóns de euros a disposición de Navantia para dar formación aos traballadores no sector naval". "E temos un acordo coa Universidade da Coruña (UDC) e esta empresa para traballar no ámbito da innovación e facer un estaleiro 4.0.", matizou. O presidente popular tamén incidiu en que deben de "remar todos xuntos, pór o estaleiro a toda máquina e empezar canto antes a construír as fragatas".

LÍDERES EUROPEOS EN SECTOR NAVAL PRIVADO

Núñez Feijóo tamén aproveitou a súa estadía en Ferrol para afirmar que "a industria naval galega está nunha boa situación". "No ámbito privado temos 24 barcos asinados e en construción, máis outras seis unidades xa co pedido pechado e pendentes de contrato", comentou.

Neste sentido, o presidente da Xunta aseverou "que estes 30 barcos converten a Galicia na segunda zona máis importante de Europa no que a construción naval civil privada refírese, só superados por Holanda, e que converten a esta rexión na zona con máis carga de traballo nos estaleiros privados".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta