Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/01/2019 | Actualizada ás 17:34
O PPdeG vetou este martes na Cámara unha iniciativa presentada polo portavoz de Agricultura do grupo socialista, Raúl Fernández, para a mellora da actual lexislación en materia de ataques de lobos. A proposición prevía a creación de partidas orzamentarias para a prevención de danos e a formación en ataques de lobo.
O parlamentario socialista explicou que a medida busca dar resposta a unha realidade na que “os ataques de lobo aumentan diariamente”. “So existe unha explicación, o abandono do rural, motivo polo que o lobo foi expandindo o seu hábitat ata o punto que hoxe en día ocupa o 72% do territorio, sendo os datos mais elevados en Lugo e Ourense”, dixo.
Por iso, sostivo a necesidade de crear partidas orzamentarias concretas para prever os danos causados polo lobo que inclúen a adquisición de mastín ou peches fixos con malla, entre outros. Ademais defendeu a necesidade de aumentar as partidas para a divulgación , o asesoramento e a investigación relacionada coa materia.
Fernández Fernández defendeu unha proposta na que se incluía a participación dos actores implicados na redacción do texto lexislativo que neste caso serían o sector gandeiro e as asociacións que promoven a convivencia entre a fauna salvaxe e a actividade humana.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.