O alcalde celebra o cambio de actitude da Xunta coa candidatura de Ferrol a Patrimonio da Humanidade

Jorge Suárez asegura que apostar unicamente por Illas Atlánticas e Ribiera Sacra "era un desprezo total e absoluto para esta cidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2019 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (Ferrol en Común), mostrou a súa satisfacción pola decisión tomada pola Xunta de "considerar a Ferrol, que foi a primeira en estar na lista indicativa da Unesco, como candidata a Patrimonio da Humanidade".

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez.
O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez.

O rexedor local manifestou que "ao chegar o ano pasado a Fitur e ver na caseta da Xunta unicamente Illas Atlánticas e Ribeira Sacra como candidaturas, era un desprezo total e absoluto para esta cidade".

"Rectificar é de sabios e celebramos o que agora si esteamos en igualdade de condicións, cun proxecto de xestión en estado avanzado e presentándose ao resto de administracións competentes", valorou.

O rexedor de Ferrol en Común tamén destacou a aplicación para dispositivos móbiles que se vai a presentar o vindeiro venres, 25 de xaneiro, en Fitur, en Madrid, precisamente baseada no "Ferrol da Ilustracción", sobre o que pivota unha parte da candidatura a Patrimonio da Humanidade.

Respecto diso, Suárez trasladou que tamén se dará "a coñecer un vídeo bastante orixinal, que vai representar bastante impacto do que representa a cidade, onde a través de dous personaxes se vai interaccionar co Ferrol da Ilustración e coñecer a través desta aplicación os datos dos edificios mais relevantes", como os proxectados polo que foi durante varios anos arquitecto municipal, Rodolfo Ucha, e que son "un patrimonio inmaterial desta cidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta