Desconfianza entre colectivos da comarca de Ordes ante as alternativas ao peche de Meirama

O principal temor é a creación dunha planta de tratamento para residuos agrícolas que “aumentarían a pegada ecolóxica”.

Por Galicia Confidencial | Ordes | 24/01/2019 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A Rede de Plataformas Medioambientais na comarca de Ordes afronta a falta de propostas claras debido ao que acontecerá depois do peche da central térmica de Meirama. “Só temos información a través da prensa de todo canto di a empresa (Naturgy)”. Segundo explicaron voceiros da Rede de Plataformas, temen que a empresa cree unha planta de tratamento de residuos orgánicos de todo tipo (gandeiros, industriais, depuradoras etc) no espazo da antiga térmica. “Iso sería converter a comarca nun centro de acumulación de residuos, tendo en conta que xa temos Sogama e outras plantas de tratamento”. Todo iso converte a zona “no vertedeoiro de Galicia” segundo fontes da Rede.

Central térmica de Meirama, en Cerceda
Central térmica de Meirama, en Cerceda | Fonte: De Pilar Ponte - Flickr.

Os diferentes colectivos que conforman a Rede din estar “cansos de que lles cheguen aí este tipo de inciativas, porque afecta ao sector gandeiro, prioritario nesta zona, se afecta a este sector afecta ao resto da economía”. A concentración do tratamento do lixo afectaría tamén ás zonas urbanas porque os transportes de residuos “terían que pasar polos cascos urbanos en dirección ás plantas de tratamento, Cerceda, Sigüeiro etc”.

A Rede insiste que non se pode centralizar o lixo e restos orgánicos de gando morto nunha das zonas máis poboadas de Galicia. “Non pode vir un camión desde Xinzo porque crea pegada medioambiental, hai que cambiar os modelos de tratamento e de almacenamento de lixo”.

Sobre o Plan Eólico de Galicia sinalan que as autoridades galegas só se limitan a cumprir coa lexislación a respecto de cuestións técnicas. Segundo din “todo en base ao plan eólico de Galicia que está mal feito e desfasado, pois está baseado nunha teconoloxía de 18 ou 20 anos e hoxe a tecnoloxía é distinta”. “Cando se fixeron análises de enerxía no 2008 eran 1700 horas, para ser rendible teñen que ser 2800 horas de vento ao ano”. Desde a Rede consideran os proxectos eólicos de  Ordes como liñas de evacuación doutros parques. “Cando se produce enerxía de máis, o restante desvíase á estación do Mesón do Vento. Tentan inventar parques eólicos para darlle saída a outros que están na Costa da Morte ou o Norte de Lugo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta