A Deputación de Ourense aproba o plan de obras e servizos que leva 19 millóns de euros de orzamento

Desembolsaranse un millón e medio de euros para desenvolver traballos na rede viaria ourensá e case douscentos mil euros para concellos con insuficiencias financeira.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2019 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

O pleno da Deputación de Ourense deu luz verde ao plan provincial de obras e servizos municipais para este ano 2019, dotado con 19 millóns de euros de orzamento.

Xosé Manuel Baltar presidente da Deputación de Ourense
Xosé Manuel Baltar presidente da Deputación de Ourense

Así, o goberno provincial destina 4,2 millóns de euros para obras municipais, mentres os consistorios achegan un total de 925.750 euros, segundo informou a deputación ourensá.

Ademais, o plan contempla un desembolso provincial de 1,5 millóns de euros para desenvolver traballos na rede viaria ourensá, así como unha partida de 192.000 euros para concellos "en situación de insuficiencia financeira manifesta".

Así mesmo, outro plan compelementario ao anterior destina case 3 millóns de euros para sufragar os custos de obras en diferentes puntos da provincia e outros 9,3 millóns para actuacións na rede viaria.

Por outra banda, o pleno da corporación provincial tamén aprobou conceder a medalla de ouro ao etnógrafo e filólogo Eligio Rivas, nacido en Xunqueira de Ambía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta