Profesionais sanitarios reclaman na zona do Salnés "recuperar" o persoal recortado, as camas e a súa área

"Falan de que terminou a crise, pero continúan coa súa folla de ruta, que son os recortes", lamentan.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2019 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

Profesionais sanitarios, xunto a cidadáns, concentráronse este martes nos centros de saúde da zona do Salnés para reclamar "recuperar" o persoal recortado, as camas e a súa área, así como pedir que se "acabe coa marxinación dos PACs".

En declaracións a Europa Press, a portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da área do Salnés, Rosa Casal, explicou que esixen "recuperar a área sanitaria e os hospitais comarcais". Ademais, reivindican "recuperar os servizos e centros privatizados".

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública convocou para este martes concentracións simultaneas nos centros de saúde que conformaban a área sanitaria do Salnés. En concreto, as mobilizacións tiveron lugar ás 12,00 horas nas localidades pontevedresas de Vilagarcía, Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova, Ribadumia e Catoira.

Nas mobilizacións leron un manifesto no que critican o "desmantelamento da sanidade pública" por parte do goberno do PP na Xunta. "Falan de que terminou a crise, pero continúan coa súa folla de ruta, que son os recortes", lamentou Casal.

Neste sentido, reprochan ao PP a redución de prazas de persoal e de camas; así como a "privatización de novos centros", ademais do "desmantelamento agonizante da Atención Primaria". Por todo iso, Rosa Casal asegurou que "seguirán loitando" e animou a sumarse á manifestación do 10 de febreiro a partir das 12,00 horas que sairá da Alameda de Santiago en defensa da sanidade pública.

Protestas de médicos de Atención Primaria.
Protestas de médicos de Atención Primaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta