Gloria Lago e Galiza Nova non concilian nos xulgados

Por Galicia Confidencial | Vigo | 06/09/2011 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

Esta mañá celebrouse diante dos Xulgados de Vigo o acto de conciliación pola segunda demanda interposta pola presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, contra Galiza Nova por un presunto delicto de deshonra e calumnias polo que reclama, coma na anterior, unha indemnización de 30.000 euros á organización xuvenil nacionalista.

A Secretaria Xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, expuxo á saída do acto, posposto ata as 12:30 para a acreditación das partes, que “non houbo acordo no acto de conciliación” e que polo tanto “reafirmámonos en que non houbo ataque nin inxuria algunha contra Gloria Lago senón que recollemos as críticas pola súa actitude discriminatoria cara o galego”. “Do que se falaba no boletín era das actitudes de hostilidade contra o galego nas aulas do IES Santomé – engadíu-, non da vida privada de ninguén”.

A secretaria Xeral de Galiza Nova asegurou que estamos ante unha denuncia que “persigue criminalizar a maior organización xuvenil de Galiza e a defensa que facemos da lingua galega especialmente entre a xente nova”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

3 ManoIo2

O nacionalismo español coa careta de bilingue. Apoiados por unha Constitución supremacista castelá que permite que calquera cidadán do Estado poda vir a Galiza ignorando a nosa língua e insultando. Para os españois esixir castelán na Galiza é normal, un dereito garantido pola Constitución. Cando falamos de nacionalismo no Estado hai que escomezar polas bases dese estado, feitas dacordo có nacionalismo máis agresivo da península.

2 Saña

O mellor que pode facer Galiza Nova, con esta xentalla, e ignoralos nos xuzgados, e non perder o tempo en darlle publicidade, e logo seguir traballando no seo da mocidade e dos estudantes polo emprego a todolos nives do noso idioma

1 Antón

GB tenta xustificarse ante os seus e xustificalo seu status mediante a confrontación co seu opor ou a sua teorica antitese, mediante unha xustiza que pagamos todos e está colapsada. Viven da confrontación e a confrontación e a crispación é a sua razón de ser.