O xefe de Cardioloxía do Hula destaca que a maior parte dos infartos en Lugo son de noite

Destaca que era necesario ter o servizo de Hemodinámica as 24 horas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2019 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

O xefe de Cardioloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), Juan Carlos González Juanatey, considera "moi importante" estender o horario do servizo de Hemodinámica para "completar a atención" na área sanitaria.

Juanatey calculou que "un 25" por cento dos 170 infartos, máis de 40, que atenden na provincia de Lugo ao ano prodúcense durante a noite. Agora poderanse tratar no HULA a partir do 18 de febreiro, data en que se estende o servizo de Hemodinámica ás 24 horas, xa que ata entón está activo de 8,00 a 22,00 horas.

"Estabamos a esperar que se puidese converter nunha realidade e, a partir do 18 de febreiro, imos poder telo activo", valorou tras o anuncio que realizaba a pasada semana o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.

Juanatey, que defendeu a necesidade de ampliar o horario, estimou que se van "a mover ao redor de 170 pacientes ao ano, isto está a ser así os últimos anos". "É o número de infartos que atendemos ao ano. Un 25 por cento chegan pola noite, entón co servizo ampliado vainos a permitir atender a eses pacientes e facer unha anglioplastia primaria cuns tempos moi bos, recortando os tempos desde o diagnóstico á apertura da arteria que serán menos de 90 minutos", celebrou.

EQUIPO

En canto ao persoal, o cardiólogo lucense acreditou que co actual equipo será suficiente. "Nós temos unha estrutura asistencial para atender a todos os pacientes", aseverou. Dito equipo está formado por "tres hemodinamistas e un grupo de enfermaría, que van a cada un dos casos cando se mobilizan, de tal forma que un hemodinamista e dous enfermeiros son os que atenden estes casos".

"Con tres hemodinamistas estamos a cubrir as gardas, esperamos poder dar resposta para cubrir as 24 horas ao día e os 365 días ao ano", concluíu.

Equipo de cardioloxía do HULA
Equipo de cardioloxía do HULA | Fonte: cardiologia-lugo.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta