Gonzalo Caballero: "Feijóo comeza a quedar só na defensa da privatización da sanidade"

Destaca que concelleiros do seu partido xa se suman contra o "clamor" da xestión sanitaria da Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2019 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou que edís e responsables políticos do Partido Popular xa se suman ao "clamor" contra a xestión sanitaria do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Así se pronunciou este venres durante unha visita ao centro de saúde de Moaña (Pontevedra), na que destacou que os edís populares deste municipio votaron no pleno municipal do xoves a favor dunha moción presentada polos colectivos en defensa da sanidade pública e en contra dos recortes do PP.

"Feijóo empeza a ver como a marea de mobilización en defensa da sanidade pública está a levar a concelleiras e responsables políticos do PP en toda Galicia a ver que o clamor da cidadanía é imparable", manifestou o líder dos socialistas galegos.

Por iso, sinalou que o presidente da Xunta "empézase a quedar só" no seu defensa da "privatización, dos recortes, da deterioración da sanidade pública" fronte a unha cidadanía que lle quere "dicir non" a estas políticas.

SITUACIÓN "PROFUNDAMENTE PREOCUPANTE"

Na visita, Gonzalo Caballero advertiu de que a situación da sanidade galega é "profundamente preocupante" e puxo ao municipio de Moaña como "exemplo" de como a cidadanía "non está disposta a tragar coa descomposición" da sanidade pública.

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, con edís socialistas en Moaña (Ponteved. REMITIDA POLO PSDEG
O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, con edís socialistas en Moaña (Ponteved. REMITIDA POLO PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta