Ciudadanos ten mil afiliados en Galicia con cota regularizada

A formación laranxa chega ao milleiro de afiliados de cota e prepara candidaturas "nun terzo" das localidades galegas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2019 | Actualizada ás 16:59

Comparte esta noticia

Ciudadanos (Cs) superou en Galicia os 1.000 afiliados de cota, unha cifra que, segundo a formación, reflicte "a grande aceptación e implantación" no país, onde aspiran a presentarse en case un cento de concellos nas próximas eleccións municipais.

José Manuel Villegas con membros de Ciudadanos Galicia.
José Manuel Villegas con membros de Ciudadanos Galicia.

Así o valorou Laureano Bermejo, secretario de organización de Cs en Galicia, que deu a coñecer os datos de afiliación, nun "crecemento imparable" que vai permitir que a formación laranxa presente candidaturas "nun terzo" das localidades galegas.

"Cada día súmanse máis persoas ao noso proxecto, buscando un cambio para Galicia e unha rexeneración de goberno que ven máis que necesaria", dixo Bermejo, que sinalou que en Cs "cada día" recíbense "chamadas de xente que quere formar parte dalgunha das agrupacións, sumarse ao proxecto, porque valoran a Cs como un partido que chega sen débedas e sen sospeitas de corrupción" e "sobre todo querendo formar parte dun partido de cambio que xa é urxente en Galicia".

Con este obxectivo, Cs asegura ter "as portas abertas" para poder "contar con xente traballadora e talentosa que some" en "cada recuncho de Galicia".

Bermejo precisou que Ciudadanos está "a traballar sen descanso" co obxectivo de abordar as inminentes municipais, "coa tranquilidade do traballo ben feito" e cuns datos de crecemento e implantación que avalan a súa "evolución imparable".

A maiores da cifra dos máis de 1.000 afiliados que pagan as súas cotas mensuais e están ao corrente do pago, Ciudadanos puxo en valor que conta en Galicia con case 7.000 inscritos —a suma de afiliados e simpatizantes—.

COMPARACIÓN CON OUTROS PARTIDOS

A cifra de afiliados de Ciudadanos quédase pequena ante partidos con maior tradición en Galicia. No PSdeG, por exemplo, son 9.993 os simpatizantes inscritos que pagan cota; no BNG son arredor de 7.800; no PPdeG, algo máis de 4.000 afiliados coas cotas pagadas participaron na elección do sucesor de Mariano Rajoy á fronte do PP estatal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 AntonioMR

Non entendo como teñen tantos afiliados.

1 uu1

Muitos me parecem para um partido anti-constitucionalista, centralista, uniformista, se poderá converteria a Galiza em planura castelhana. Com gente coma está justificam-se as verbas de Rosália “Probe Galicia, non debes chamarte nunca española”