A comunidade galega en Venezuela: "a xente vai sabendo o que acontece polas redes sociais"

O galegos e descendentes que viven no país caribeño esperan unha saída "mellor" para a crise para que haxa cambios positivos na situación actual.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2019 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A "incerteza" que se cerne sobre o futuro de Venezuela mantén á expectativa á comunidade galega no país suramericano tras a autoproclamación como presidente interino de Juan Guaidó e o recoñecemento que lle deron a Unión Europea ou Estados Unidos --entre outros--. No entanto, cando se cumpre o prazo para unha convocatoria de eleccións dado polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a comunidade galega mantén a "esperanza" dunha saída a "mellor" á crise que atravesa a república, aínda que desde o vello continente tamén se ve con "preocupación" a situación dos seus familiares.

A galega é a segunda comunidade de emigrantes, despois da canaria, máis relevante en Venezuela. O último padrón (2018) revela que hai 40.226 galegos (a maioría en Caracas capital), dos cales 25.309 --o 37,08 por cento-- naceron en Galicia e, o resto, son descendentes. Mentres, en xaneiro de 2016 a cifra alcanzaba os 46.095 galegos con nacionalidade española e inscritos nalgún concello de Galicia. Pola súa banda, a cifra de retornados pasou dos 1.492 galegos que viñeron a Galicia desde Venezuela en 2016 aos 2.163 de 2017 unha cifra que, segundo explicou a Secretaría Xeral de Emigración, calculan que será superior cando se conten cos datos definitivos do ano 2018.

Con todo, os datos provisionais do primeiro semestre --que non están especificados por países-- apuntan que, entre xaneiro e xuño de 2018, retornaron 3.118 galegos á comunidade, o que supón un 25 por cento máis que o mesmo período do ano anterior. Por iso, a Xunta prevé que a cifra de retornados desde Venezuela sexa "superior" á de 2017 tamén, en "unha proporción parecida".

Como se observa das cifras, a evolución poboacional de galegos en Venezuela é negativa, algo que, segundo as comunidades galegas no exterior, vén vivindo nos últimos anos polas necesidades "graves" que hai no país. Son os mozos, como así o constataron os que buscan unha saída fóra; mentres que as persoas maiores, en moitos casos xa sen familia en Galicia --indicaron--, esperan que cos últimos acontecementos do país se abra un "cambio" que lles permita "ir a mellor".

INCERTEZA, EXPECTATIVA

Así, o presidente da maior comunidade galega en Venezuela --a Irmandade Galega de Venezuela (con 7.000 socios galegos directos, que alcanza as 24.000 persoas; e outros 3.000 doutras procedencias, que chega a outros 10.000 emigrantes)--, Roberto González, afirmou que o momento é de "incerteza en xeral" e "expectativa do que poida suceder".

"Non se sabe de certo o que está a suceder, realmente vai decatándose a xente polas redes sociais", indicou o presidente da Irmandade Galega. Ademais, sinalou que o sentimento é, "máis que todo, incerteza, á expectativa do que poida suceder, apostando por unha saída boa para todo o mundo, promovendo que haxa un cambio, pero non vai depender da poboación".

Roberto González asegurou que na última semana "non houbo" máis demanda de axuda, pero porque, matizou, nos últimos anos viuse incrementada pola situación que "veu deteriorándose". "Non é algo puntualmente neste momento", explicou, antes de incidir en que "fai un par de anos que a xente se está indo (do país) para buscar calquera opción".

Pero a pesar desta situación, asegurou que "esperanza sempre hai". "Eu, como moitos familiares, temos esperanza de que haxa un cambio para mellor, non sei de que forma, pero este sistema esgotouse", manifestou nunha análise que coincide co de Antonio Curral, presidente do Centro Galego de Puerto de la Cruz --que atende a unhas 3.000 persoas con 500 socios directos, uns 300 galegos--.

"A reacción é positiva cento por cento, hai dúas semanas non estaba na formulación nin nada e, de súpeto isto, é a luz no camiño que apareceu. Pois a expectativa é tremenda", declarou, a Europa Press, Antonio Curral. Así, tamén confían en que se poida confirmar a "expectativa de que mellore o país". "Os mozos moitos se foron", recoñece, pero hai moitas persoas de 70 ou 80 anos que "é xente que xa non pode regresar" e espera que a situación mellore. "A ver se chega a bo camiño, para cambiar", desexou Antonio Curral. "Moi preocupados" veno o galego-venezolanos que están en Galicia, como así o expresou o presidente da Asociación de Pensionados e Xubilados de Venezuela, Andrés Varenkow, quen en todo caso que considerou que "se ve sol entre as nubes".

Así, mostrou a súa esperanza de que se produza un "cambio" despois de que a comunidade internacional implicouse na situación do país. "Expectativas e esperanza" son as palabras que utiliza, pero tamén asegura que hai "moito temor" ao que poida ocorrer a partir do domingo se Nicolás Maduro segue "apoiándose nas forzas armadas" e non se convocan eleccións. "Calquera cousa pode pasar", lamentou.

ACTUACIÓNS DA XUNTA

Neste escenario, a Secretaría Xeral de Emigración, consultada por Europa Press, explicou que trata de "dar resposta ás necesidades dos galegos" neste país, ante a situación "cada día máis complexa e grave" que vive. A dotación orzamentaria pasou de 1,8 millóns en 2017 a 2,2 en 2018; mentres que a cifra acumulada ata 2019 subirá en total a 6,5 millóns. O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asegura que o Goberno galego "manterá o esforzo orzamentario" durante este exercicio "co fin de asegurar a atención máis urxente entre a colectividade". En 2018 xa se creou unha axuda económica individual, que se materializou nunha partida de 900.000 euros.

As actuacións da Xunta no país céntranse en manter unha rede de atención social, que inclúe facilitar o acceso a centros residenciais, atención sanitaria e farmacéutica, ademais de manter os lazos con Galicia. Desde a rede de centros distribúense medicamentos (destináronse 150.000 euros en 2017, igual que en 2018). Rodríguez Miranda explicou que o pasado ano atendéronse 3.000 persoas con axudas sociais e augurou que este ano "vai haber unha demanda maior". "Estamos dispostos a atendela e, se fixese falta, poderiamos implementar un plan de choque especial e ampliar a capacidade de resposta", afirmou.

Centro da Hermandad Gallega en Venezuela
Centro da Hermandad Gallega en Venezuela

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 uu1

Venezuela é um pais rico, cheio de galegos e filhos de galegos que aprenderom o idioma nos centros galegos e amossam-se orgulhosos da terra dos seus pais, que presumem de Galiza, do idioma, da música, das tradições e que merecem como todos os venezuelanos ter a oportunidade de viver. Como em todos os lugares do mundo os cidadãos são muito melhor que os políticos que aspiram a ser salvadores.

1 rzz6

O que pasa é que imposible vivir cunha inflación do 1.000 % anual e 27.000 asesinatos ao ano.

2 Ferrolvox

Si tú tienes mucho cuento, cuando lleguen las sacas de correo con los votos de los emigrantes te vas enterar, vosotros apoyasteis a Chávez y luego a Maduro no olvidamos, el bloque tiene que desaparecer,

1 Gamela

tamén lles damos axudas aos que traen a súa fortuna en Bitcoins ?