Segundo os datos do IGE, no ano 2022 un total de 56 concellos (o 18 % dos 313 totais) perderon máis veciños dos que recibiron; no 2023 esta cifra chegou ata os 67 concellos (o 21 %).
  comenta   1
A Consellería de Emprego e o Clúster do Turismo abordan propostas conxuntas para cubrir vacantes e fomentar a formación especializada
  comenta   0
Durante o acto, o presidente galego, acompañado polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, subliñou que Galicia é un referente no retorno e integración de emigrantes, e remarcou que a estratexia Galicia Retorna non é só unha política de retorno, senón tamén de "recoñecemento", e "unha retribución a quen nunca deixou de sentirse galego a pesar de estar lonxe das súas orixes".
  comenta   0
Aconteceu o pasado domingo de entroido na 'Rúa de Carnestoltes' do barrio barcelonés de Gràcia. Os protagonistas foron un colectivo galego-catalán impulsado dende as asociacións ACGB e Furafollas.
  comenta   0
Con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, Galicia Confidencial fala hoxe con Ana María Sixto Barcia, historiadora e investigadora do papel das mulleres no Antigo Réxime, que nos abre a fiestra a unha nova mirada sobre a muller no pasado de Galicia. Confesa que "aínda que falamos dunha sociedade oprimida, na que as mulleres tiñan poucos recursos, tamén era unha sociedade que sempre se defendía a si mesma, e, nesa loita, tamén entraron as mulleres, mesmo liderándoa nalgunhas ocasións".
  comenta   0
Os colectivos responsables desta iniciativa son a Asociación ACGB e Furafollas, entidades que levan días organizándose para participar na "Rúa de Carnaval de Gràcia".
  comenta   0
A décimo segunda entrega da colección presenta a edición facsimilar da primeira obra en prosa do xornalista ourensán Luís Sánchez Abal que ofrece un relato corrosivo e crítico dos inmigrantes galegos en Buenos Aires e dos seus costumes e marcos asociativos.
  comenta   0
Burela, Verín, O Barco de Valdeorras, Monforte de Lemos e Baltar son os cinco concellos galegos con maior número de estranxeiros entre a súa poboación, segundo os datos do INE.
  comenta   0
Está organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà, en Barcelona, e o pasado 7 de decembro déronse a coñecer os premiados deste ano. No acto estivo presente o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García.
  comenta   0
A Asemblea Cultural Galega de Barcelona (ACGB) convoca unha concentración o domingo 15 de decembro de 2024, ás 12:00 h. na Plaça da Vila de Gràcia, para protestar contra a implantación da macrocelulosa na comarca da Ulloa.
  comenta   0
A cidade de Vigo, actual motor económico de Galicia, foi durante case dous séculos un punto de partida para miles de persoas que buscaron unha nova vida noutros lugares do mundo.
  comenta   0
Para iso, segundo avanzou a Xunta, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-norte de Portugal asinarán proximamente un convenio para o desenvolvemento da actividade de coordinación do servizo de emprego Eures Transfronteirizo Galicia-norte de Portugal.
  comenta   0
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, iniciou este xoves, coincidindo coa celebración do Día de Galicia, a viaxe institucional a Arxentina e a Uruguai para "seguir estreitando lazos coa comunidade galega do exterior".
  comenta   0
Remitiu un escrito ao conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, para pedir melloras no seu programa de emprego para favorecer o regreso de galegos no exterior, o Retorna Cualifica Emprego, de cara á súa nova edición de 2024.
  comenta   0
A inmigración é un dos temas máis polémicos e mal interpretados da nosa época. Abordalo con obxectividade, racionalidade e compaixón é fundamental para desmontar os mitos que impulsan o racismo e a xenofobia nas nosas sociedades. Con frecuencia escoitamos afirmacións que culpan aos inmigrantes de colapsar os servizos públicos, aumentar a delincuencia e prexudicar a economía local. Porén, estas crenzas non resisten unha análise seria e fundamentada.
  comenta   0
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse este mércores coa directiva da Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instruçao en São Paulo.
  comenta   0
Ana Pontón destacou que "grazas ao BNG, en Bruxelas falouse do lácteo, das rías, emigración, da fuga de talento, do corredor atlántico ou a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, de memoria histórica, dun modelo alternativo enerxético, da defensa dos dereitos sociais e da defensa da lingua e cultura".
  comenta   0
A secretaria xeral da organización xuvenil, Marta Gómez, denunciou que a mocidade galega leva anos "sufrindo as consecuencias das políticas do sistema capitalista" que, engadiu, obrígaos " á emigración forzosa ou á precariedade máis absoluta".
  comenta   0
O país que máis votos emite é Arxentina, con case 7.800 votantes, sendo a provincia da Coruña a maior destinataria, con algo máis de 2.700, seguida de Pontevedra cuns 2.400. Por detrás sitúanse Lugo e Ourense, cuns 1.300 cada unha.
  comenta   0
Hai un aumento do voto con respecto ás xerais do 23X. O resultado das galegas podería non coñecerse ata unha semana despois se depende da emigración. O escrutinio de sufraxios da emigración, que pode votar en urna ata este xoves, empezará o 26 de febreiro.
  comenta   0
A Hermandad Gallega, visitada por Rueda e o secretario xeral de Emigración, fan un chamamento masivo a votar o vindeiro 18 de febreiro.
  comenta   1