Uns 80 docentes galegos no exterior poderán formarse en Galicia sobre cultura tradicional, confección de traxes ou cociña

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a resolución da Secretaría Xeral de Emigración pola que se regula e convoca o programa de 'Escolas Abertas'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2024 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a resolución da Secretaría Xeral de Emigración pola que se regula e convoca o programa de 'Escolas Abertas'. Con ela, o Goberno galego "pretende facilitar o acceso á cultura galega aos galegos de todo o mundo a través actividades presenciais destinadas a docentes das comunidades galegas de fóra da Galicia territorial, para o ano 2024", informa.

Este programa, dirixido ás entidades do exterior, permitirá dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, de confección de traxes tradicionais ou cociña. A Secretaría Xeral de Emigración farase cargo da organización deste curso e do custo da estancia, así como das viaxes de ida e volta das persoas participantes ou o material didáctico. O prazo de presentación de solicitudes, dun mes, nesta ocasión abre a posibilidade de participar neste programa a un total de oitenta docentes galegos residentes no exterior, dos que 20 procederán dos diferentes países de Europa, e outros 60, do resto do mundo.

Programa da Secretaría Xeral de Emigración pra o acceso á cultura
Programa da Secretaría Xeral de Emigración pra o acceso á cultura | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta