Colisión múltiple entre cinco vehículos na Estrada deixa catro persoas feridas

A colisión tivo pechada a AP-53 no concello da Estrada mentres duraron os labores de limpeza.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2019 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

Unha colisión múltiple con cinco vehículos implicados, ocorrida na Estrada (Pontevedra), na AP-53 que une Santiago de Compostela con Ourense, saldouse con catro persoas feridas, que tiveron que ser trasladadas a centros hospitalarios.

Segundo informou o 112, o sinistro produciuse pasadas as 14,00 horas. Un particular púxose en contacto co servizo de Emerxencias de Galicia para informar da colisión en cadea que se rexistrou na zona, no quilómetro 21 en Orazo.

O 112 Galicia transmitiu a alerta a Urxencias Sanitarias de Galicia, aos bombeiros do parque do Deza, ao Grupo de Emerxencias da Estrada, á Garda Civil de Tráfico e ao persoal de mantemento da estrada.

A colisión obrigou a manter pechada a vía ata que finalizou a limpeza da calzada. Como consecuencia do accidente catro persoas tiveron que ser trasladadas a centros hospitalarios, segundo indicou o 112.

GARDA CIVIL
GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta