Piden que se repitan as eleccións no Colexio de Odontólogos de Lugo de acordo ao fallo xudicial

Os comicios chegaran aos xulgados logo de que se destruíran 12 votos emitidos por correo, ademais de xurdir a polémica pola constitución da mesa electoral. Dese procedemento resultara presidente Alejandro López Quiroga, só cun voto máis ca Alfonso Santalices

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2019 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

A avogada de Alfonso Santalices, que perdeu as eleccións a presidir o Colexio de Odontólogos de Lugo por un voto, apremou a repetición dos comicios no ente profesional tras unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que se que confirma a anulación da convocatoria e que ordena un novo proceso.

Sede Do Tribunal Superior De Xustiza
Sede Do Tribunal Superior De Xustiza

A letrada Cristina Pérez Salgado considera que "habería que repetir as eleccións porque esta sentenza confirma a sentenza que previamente ditara o Contencioso e o fallo recolle claramente que declara nulo a acta electoral e ordena a convocatoria dun novo proceso electoral". "Non fai falta interpretar nada porque o din moi claro as dúas resolucións xudiciais", abundou.

O que motivou estes recursos xudiciais foi a destrución de 12 votos enviados por correo tras ser declarados nulos. Outra causa para recorrer radica na constitución da mesa electoral no marco desas eleccións, celebradas o 23 de xuño do 2016 e que lle deron a vitoria a Alejandro López Quiroga fronte a Santalices.

Cristina Pérez aclarou que a sentenza do TSXG pódese recorrer "en casación ante o Tribunal Supremo", algo para o que xa están preparados. "Nós teriamos que contestar ese recurso", puntualizou.

Con todo, a letrada lucense puntualiza que o seu cliente, Alfonso Santalices, pode pedir "a execución provisional" do veredicto xudicial -que pasaría por repetir esas eleccións- ao Colexio de Odontólogos de Lugo. "Teriamos que ver as consecuencias xurídicas dunha execución provisional, no caso de que se recorra en casación ante o Supremo", advirte.

Pérez Salgado avisa de que se a outra parte non recorre, "se se declara firme a sentenza, ou ben se cumpre voluntariamente e fan o que ordena o fallo xudicial" ou ben pedirán "a execución forzosa" da mesma, conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta