Bautista chama á "depuración" dos alcaldes críticos do BNG

"Sobra unto e falta cloro" di o histórico dirixente da UPG ante o manifesto dos alcaldes de EI e +Galiza, a quen lles espeta cualificativos como "farsantes" ou "disidentes".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 23/09/2011 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

Dezaoito foron os alcaldes do BNG que este verán demandaron un cambio de rumbo na liña da fronte, dominada pola UPG, o partido con máis militantes. "Os dezaoito magníficos" chámase un durísimo artigo contra eles que publica Bautista Álvarez en Terra e Tempo, o dixital da UPG.

Alvárez nunca os nomea, pero é evidente que o obxectivo das súas críticas son os edís de Máis Galiza e Encontro Irmandiño (outro dous partidos dentro do BNG) que pediron publicamente que o BNG modernizase o seu discurso.

None

Ráchase a trégua?

Tal petición desatou unha espiral de críticas e contracríticas nos nacionalistas. Todos os colectivos do Bloque, por moi pequenos que fosen, tomaron posicións no debate ante unha Asemblea Nacional que decidirá a supervivencia do BNG e que parecía inminente.

Pouco despois ZP convocou eleccións e o Consello Nacional do Bloque, en consecuencia, adía a Asemblea até despois do 20N. As correntes chegaron ao pacto tácito de non alimentar máis a discusión pública. Mesmo Bieito Lobeira, deputado e militante da UPG, apelou publicamente ao "patriotismo" para non alimentar a liorta nos medios. Agora o artigo de Bautista Álvarez cuestiona esta tregua.

Os cualificativos do histórico líder da UPG aos alcaldes son dunha enorme virulencia. Lánzaos, iso si, mediante unha "parábola".

"Os que nunca foron nada"

"Antes no nacionalismo había esveltos lebreis e ningún caniche faldeiro. Dun tempo a esta parte apareceron os palleiros. Os que nunca foron nada e sentíronse alguén desde que lles puxeron na man un bastón. Ladran por fóra cando van en manda. Dálles pánico facelo dentro, nos órganos aos que pertencen e onde se dá o debate. Alí téñenlle medo ao caxato, a facer o ridículo, estes cerebros nos que priman sobre a substancia gris os niños de bubela", escribe no dixital que edita a Fundación que leva o seu nome. Unha das primeiras recriminacións da UPG aos alcaldes críticos é que deran o debate publicamente. Os alcaldes alegaron que tamén presentaron o seu manifesto nos órganos internos.

Pantallas xigantes para ver La Roja

Álvarez tamén acusa aos edís de falta de compromiso coa cultura. Por exemplo, critica que concellos nacionalistas gobernados polos asinantes do manifesto contrataran pantallas sigantes para seguir o trunfo no Mundial de "La Roja". "Comprobamos a bebedeira orgásmica dunhas masas narcotizadas polo campionato mundial de fútbol de hai un ano. E mentres nós, os seguidores dos vellos mitos, fixemos pedagoxía desalienante, outros actuaron de camelos do sistema, subministrando o opio en pantallas televisivas para que o pobo vivise colectivamente a orxía españolista".

"Mamá teta"

O histórico galeguista vai moito máis aló. Acúsaos de  "redentores adventicios estaban aínda na incubadora, ou balbucindo "mamá, teta", cando paramos a cota empresarial agraria", de ter unha "vea reaccionaria", de ser incapaces de analizar a sociedade galega, de non ler agás o Marca e o Tebeo, de ser "farsantes de comedia", "disidentes", etc.

Que alternativa propón Álvarez para superar este enfrontamento entre os que queren que o BNG siga preto da ortodoxia comunista e os que apostan por centralo? O veterano político non se anda polas ramas e fala claramente de "depuración" e critica a "indolencia" do aparato do Bloque, que o seu partido goberna democraticamente, cos críticos.

Chamada á depuración

"Hai un cousa na que estamos de acordo. Na necesidade de introducir reformas que restauren o prestixio do nacionalismo. Cunha diferenza. O que para eles é revisión, así de cru, para min significa rexeneración e depuración. Sobra unto e falta cloro".

En definitiva, un chamamento en toda regra a desfacerse dos que supostamente non comparten o compromiso coa revolución e a cultura galega.

Desta volta é imposible culpar da lea interna a unha conspiración mediática. É a propia UPG quen mostra que a supervivencia do Bloque como proxecto común do nacionalismo pode pender dun fío.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 179 comentarios

48 Arenga

Gosto muito destas novas, som as únicas novas que saem sobre o nacionalismo galego em meios como a "coz". Novas que só tratam separar ao nacionalismo, novas para que os galeguistas sem partido renunciem do bloco e nom votem, novas ao serviço do nacional-fascismo espanhol do pp e psoe, e o mais preocupante, novas que nom som notícia mas as únicas nas que sae o bng, pq será?

1 Mercedes

El BNG está en estado muy crítico. Lo sabe todo el mundo, desde que se fue el Gran Beiras esto se apaga. Caballero o dama, son las noticias verdaderas, la dura realidad que no quereis aceptar los comunistas. Ya le digo a mi marido, votaremos IU, como hemos hecho en Coruña. A este señor nadie le mandó que hablara y escribiera esas cosas de alcaldes tan buenos como fue el de Sada. Además, para más joroba, es el jefe de la cerrada UPG.

2 Manuel

totalmente dacordo contigo Mercedes. Primeiro botan alingua a pacer e logo buscan traidores, complots de demais paranoias... Non te amoles moito, sonche así e agora de vellos non os imos cambiar

3 Manoliño

"alcaldes tan buenos como fue el de Sada" ?¿?¿?¿ Afirmaciones extraordinarias requieren pruebas fuera de lo común. De hecho tan bueno no fue cuando los sadenses, en la primera oportunidad que tuvieron, lo echaron.

4 Lucense

Manolinho: porque nom deixas de dizer asneiras? Foi o mais votado, algo que para os do PP é sagrado, deve governar sempre o mais votado, excepto quando podem governar eles, neste caso aliando-se com o fascista Moncho. Como se pode estar tam desinformado e intoxicar tanto?

5 endivia

Non es o primeiro que se mete con este dixital por reproducir este artigo. Pero a culpa non é do mensaxeiro. Noutros medios pode, pero en GC publícanse a miúdo cousas positivas sobre o nacionalismo (denunicas do bloque, mobilizcións da CIG, protestas de Causa Galiza, etc.) Quen ten que ser responsable é o autor do artículo-insulto. E non vale que sexa un vellote, pq quen dirixe Terra e Tempo e a UPG debería terlle dito polo menos "Bautista, agora non é o momento"

6 cilistro

Estou totalmente dacordo co teu comentario, pareceme mentira que as intenten colar así (non sei a quen). O bautista dixo non sei o qué, que escandalo !!!. Hai que ver as cousas em positivo, prefiro a xunta gobernada polo BNG que polo PP. Perderonse as eleicions polos escándalos da "coz" e tomaronos o pelo a todos

7 Lucense

As mentiras de Manolinho sobre as eleições em Sada: em 2007 ganha o BNG: http://www.foro-ciudad.com/la-corun... Volta a triunfar em 2011: http://www.foro-ciudad.com/la-corun... Porém, a aliança entre o franquista Moncho e o filofranquista PP fará com que sejam estes os que governem.

47 Gamela

Aínda lembro a Bautista dando voltas polo Pazo do Hórreo camiño da cafetería... porque outra cousa nunca fixo... agás buscar rencunchos para seguir vivindo do conto! http://www.bautistaalvarez.org/ O malo dalgúns é que NON SABEN CANDO ESTÁN DE MÁIS !!!

1 Juas

Lémbralo? Vivías enfrente e espiabas por prismáticos?

2 Gamela

Pensa o "ladrón" que todos son da súa condición? Lembroo porque o vivín ao seu carón, fumando pitillos e falando con el nos corredores do Pazo do Hórreo! Eso sí, eu non cobraba un can, o Deputado era el e nin siquera pagou os cafés! TACAÑO!

46 lemés

Bautista ten razóns de peso. Nada comparto coa UPG marxista-leninista de boquilla que se vendeu aos empresarios "modelo" (Tojeiro, San José, Lence, Martínez Nuñez, Gayoso...). Pero hai que dicilo: para os que nos consideramos nacionalistas ou de obediencia galega, e tamén de esquerdas, o caso de alcaldes como o Severino Rodríguez en Monforte é unha vergoña. E o da pantalla e inauguración adiantada da fonte para celebrar a vitoria da selección española é unha anécdota. O modelo deste señor e seguidores, que en público presume de falar na familia máis en español que en galego, e crea toda unha rede clientelar e populacheira, é noxento. Xa era tempo de que alguén o dixera. De todos xeitos o niño das bubelas está feito de deposicións animais, así que foi un pouco forte...

1 oooo

sen embargo, á hora da verdade, os populacheiros e os pseudo-comunistas andan da man, e foi esa alianza a que jodeu o bloque

2 Alexandre dadas

Non esquezas de comentar que o Severino esta a rehabilitar o casco historico monfortino.Trouxo gran actividade cultural a Monforte,o teatro no Castelo é unha mostra delo.Revitaliza a nosa historia ca UNED (estudio sobre o Conde de Lemos).Por non falar do museo do viño;ou a placa conmemorativa.Por non falar das catas arqueolóxicas.Xulgalo por unha simple pantalla xigante para ver o BarÇa II é un pouco infantil

3 lemés

Ou sexa que actuar como nacionalista español cando se é cabeza de lista e cargo institucional do Bloque NACIONALISTA GALEGO, non semella importante. Pero si o é, alucinen, rehabilitar sen plan que sustente (gastar por gastar cando non se mantén a poboación), unha teatralización na torre (a quen se deu, por certo?, e canto custa por asistente?), un despropósito de centro do viño (cheo de erros, superficial e recreador de falsidades e tópicos, e por riba concedido a unha xentiña de Allariz, e tira do fío Alexandre...), unha placa ou un curso da UNED. E tamén as cacicadas da Vega Buján, as do Pavón que chegan ao esperpento, iso si que son méritos! E cal é a diferenza co PP? Pois ningunha. Entón quen goberna en Monforte? Os mesmos de sempre, só que agora disfrazados.

45 BNG constitucional

O que esta lonxe de toda dúbida é que este home esqueceu morrer, pero a xulgar polas súas declaracións xa anda preto, pois o desvarío é un síntoma inequívoco. Miúda desgraza tivo o defunto D. Ramón María, de resultar coincidente en xeración tiña escusado crear os esperpentos. Os seus arrebatos son un referente do talante democrático da UPG; recordo, que nunha ocasión reprimiume cunha expresión contundente. Mira ti...., menos xestión e máis Bases Constitucionais da Nación Galega! Mala centella te leve ............!

44 Brais

Bautista Álvarez foi sempre um prepotente mediocre, o típico señorito que gosta de castigar os criados para demonstrar que é alguém. Retira-te, paifoco.