Bautista chama á "depuración" dos alcaldes críticos do BNG

"Sobra unto e falta cloro" di o histórico dirixente da UPG ante o manifesto dos alcaldes de EI e +Galiza, a quen lles espeta cualificativos como "farsantes" ou "disidentes".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 23/09/2011 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

Dezaoito foron os alcaldes do BNG que este verán demandaron un cambio de rumbo na liña da fronte, dominada pola UPG, o partido con máis militantes. "Os dezaoito magníficos" chámase un durísimo artigo contra eles que publica Bautista Álvarez en Terra e Tempo, o dixital da UPG.

Alvárez nunca os nomea, pero é evidente que o obxectivo das súas críticas son os edís de Máis Galiza e Encontro Irmandiño (outro dous partidos dentro do BNG) que pediron publicamente que o BNG modernizase o seu discurso.

None

Ráchase a trégua?

Tal petición desatou unha espiral de críticas e contracríticas nos nacionalistas. Todos os colectivos do Bloque, por moi pequenos que fosen, tomaron posicións no debate ante unha Asemblea Nacional que decidirá a supervivencia do BNG e que parecía inminente.

Pouco despois ZP convocou eleccións e o Consello Nacional do Bloque, en consecuencia, adía a Asemblea até despois do 20N. As correntes chegaron ao pacto tácito de non alimentar máis a discusión pública. Mesmo Bieito Lobeira, deputado e militante da UPG, apelou publicamente ao "patriotismo" para non alimentar a liorta nos medios. Agora o artigo de Bautista Álvarez cuestiona esta tregua.

Os cualificativos do histórico líder da UPG aos alcaldes son dunha enorme virulencia. Lánzaos, iso si, mediante unha "parábola".

"Os que nunca foron nada"

"Antes no nacionalismo había esveltos lebreis e ningún caniche faldeiro. Dun tempo a esta parte apareceron os palleiros. Os que nunca foron nada e sentíronse alguén desde que lles puxeron na man un bastón. Ladran por fóra cando van en manda. Dálles pánico facelo dentro, nos órganos aos que pertencen e onde se dá o debate. Alí téñenlle medo ao caxato, a facer o ridículo, estes cerebros nos que priman sobre a substancia gris os niños de bubela", escribe no dixital que edita a Fundación que leva o seu nome. Unha das primeiras recriminacións da UPG aos alcaldes críticos é que deran o debate publicamente. Os alcaldes alegaron que tamén presentaron o seu manifesto nos órganos internos.

Pantallas xigantes para ver La Roja

Álvarez tamén acusa aos edís de falta de compromiso coa cultura. Por exemplo, critica que concellos nacionalistas gobernados polos asinantes do manifesto contrataran pantallas sigantes para seguir o trunfo no Mundial de "La Roja". "Comprobamos a bebedeira orgásmica dunhas masas narcotizadas polo campionato mundial de fútbol de hai un ano. E mentres nós, os seguidores dos vellos mitos, fixemos pedagoxía desalienante, outros actuaron de camelos do sistema, subministrando o opio en pantallas televisivas para que o pobo vivise colectivamente a orxía españolista".

"Mamá teta"

O histórico galeguista vai moito máis aló. Acúsaos de  "redentores adventicios estaban aínda na incubadora, ou balbucindo "mamá, teta", cando paramos a cota empresarial agraria", de ter unha "vea reaccionaria", de ser incapaces de analizar a sociedade galega, de non ler agás o Marca e o Tebeo, de ser "farsantes de comedia", "disidentes", etc.

Que alternativa propón Álvarez para superar este enfrontamento entre os que queren que o BNG siga preto da ortodoxia comunista e os que apostan por centralo? O veterano político non se anda polas ramas e fala claramente de "depuración" e critica a "indolencia" do aparato do Bloque, que o seu partido goberna democraticamente, cos críticos.

Chamada á depuración

"Hai un cousa na que estamos de acordo. Na necesidade de introducir reformas que restauren o prestixio do nacionalismo. Cunha diferenza. O que para eles é revisión, así de cru, para min significa rexeneración e depuración. Sobra unto e falta cloro".

En definitiva, un chamamento en toda regra a desfacerse dos que supostamente non comparten o compromiso coa revolución e a cultura galega.

Desta volta é imposible culpar da lea interna a unha conspiración mediática. É a propia UPG quen mostra que a supervivencia do Bloque como proxecto común do nacionalismo pode pender dun fío.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 179 comentarios

53 CIENFUEGOS

As formas e mais o fondo e propio de unha persoa de pensamento unico.-O QUE NON PENSE COMA MIN PARA SIBERIA.-Si esta e a maneira de facer do BNG mal imos.Si os que pensan como este ome siguen a levar a rendas non temos nada que facer na fronte,si non se decatan que o seu descuso e vello e que sa temos que fager algo mais que ir de manifestacion en manifestacion,algus estamos de mais.A direita esta matando a nosa NACION y este o que fai e dividir para que o PP siga a gañar.TEMOS QUE LOITAR NA ASAMBLEA PARA QUE ESTA XENTE FAGA MUTIS PORO FORO,E NOVOS ACTORES REPRESENTEN UNHA NOVA GALIZA

1 Que democrata es

Non home, o que non pense coma ti, ten dereito a dicilo. Non te alporices tanto porque alguén o faga e logo vaias de demócrata.

2 Manuel

Claro que si, emos todo o dereito do mundo a dicir que o que non pense coma min nhai que linchalo. DE feito Hittler gañou unhas elección "democraticamente" con ise discursos. O dito, a UPG da pena, auténtica pena

52 Mercedes

No votaré mais al BNG. Gracias Bautista. Galicia necesita una forza propia que tenga el apoyo de amas de casa, comerciantes, estudiantes, empresarias...Estos de ahora están cuerdos. No saben cómo respira Galicia. Por cierto, me gusta este digital. No tiene ataduras. Señores de UPG, ocupen ya el puesto que le corresponde: extrema minoría. Mira que luchó mi marido por el Beiras. Despertó sus sentimientos. Y lo mató este malfalado!!

1 Ja ja

Como se o votases algunha vez, que gracioso.

2 CAMILO

MERCEDES O facil e fuxir cara adiante a esta xente temolos que mandar pra casa. no BNG AI XENTE MOI BOA E LOITADORA QUE MERECEN A TU CONFIANZA FAI COMO TEU HOME E LOITA POR GALICIA

51 Noxo

Cantos liberados sindicais (do PP) hai por aquí. Falo de Mercedes, Manuel, Lenin... Ai, non, tátes, que é un só.

1 Manuel

Ala xa están os conspiranoios botando man da velñla táctica, ¡ja ja ja ja ja, Sodes ridículos até o infinito. Eu non é liberado do PP ningún (por min ogallá o PP e o PSOE non squen entre os dous nin 10 votos), son militante do BNG dende fai máis de 10 anos (a este paso por pouco tempo). ¡A troupe da UPG está para mandar ao psiquiátrico!

50 Salomé

¿Quen é Bautista? Un tipo que viviu 16 anos de deputado grazas aos resultados electorais e que agora que non é deputado non lle gustan as eleccións.

49 Manoliño

¿E este fósil, quen é? Porque mira que lle dades voltas. Ide á rúa e preguntade ¿quen é Bautista? Ao mellor coñecen a Teddy Bautista ¿Que importancia terá o que diga ou deixe de dicir este nacho?

1 Lucense

E Manolinho quem é? Um troll ao qual hai que evitar dar de comer. Que valor tem o que di?: ZERO

2 Manolo2

Pues tu no paras de entrar al trapo en todo lo que escribe. Aclárate.