Temas: UE LIDIA SENRA

Autoridades locais progresistas conclúen o seu encontro en Bruxelas chamando a enfrontar o fascismo

Segundo as conclusións do encontro un dos primeiros obxectivos da extrema dereita é atacar os dereitos das mulleres e impor un discurso supremacista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2019 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

O encontro da rede europea de autoridades locais e progresistas (Realpe) concluíu cunha chamada a "facerlle fronte" á "propagación do fascismo en toda Europa". En representación da delegación galega interviñeron o tenente de alcalde de Ribadumia, Enrique Oubiña, e o tenente de alcalde de Teo, Ignacio Igrexas Villar.

No acto, a eurodeputada galega Lídia Senra encargouse de realizar as conclusións do evento deste ano, onde destacou a importancia de reforzar "cada día o compromiso da esquerda na loita polos dereitos das persoas fronte aos intereses do capital". Por iso, fai unha chamada á "desobediencia ás políticas fascistas e racistas que atentan contra os dereitos humanos, incluída a privatización dos bens común e os servizos básicos".

Respecto diso, anima a "gañar na batalla das ideas", xa que "un dos primeiros obxectivos da extrema dereita é atacar os dereitos das mulleres", á vez que pide romper "o discurso da supremacía branca que impera no relato occidental dos procesos migratorios". "Desde occidente non só podemos falar de solidariedade, senón tamén da responsabilidade que temos na desestabilización dos países dos que estas persoas ven na necesidade de fuxir".

Lidia Senra nunha xuntanza con xornalistas no Parlamento europeo
Lidia Senra nunha xuntanza con xornalistas no Parlamento europeo

Temas: UE LIDIA SENRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta