O BNG teme que a sentenza das estatuas do Pórtico sirva de "escusa" para non reclamar Meirás aos Franco

A portavoz nacional atribúe a sentenza á "sombra alongada da dereita na Xustiza"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2019 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, mostrou a súa "preocupación" ante a posibilidade de que a sentenza a favor da familia Franco polas estatuas do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago sirva de "escusa" para non avanzar na reclamación do Pazo de Meirás (A Coruña).

Ponton Presenta Bng Unido Como Mellor Opción 26M (Nota Consello Nacional). BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
Ponton Presenta Bng Unido Como Mellor Opción 26M (Nota Consello Nacional). BLOQUE NACIONALISTA GALEGO | Fonte: Europa Press

Pontón sostén que a sentenza xudicial contra o Concello de Santiago e a favor dos herdeiros de Franco mostra que a "Xustiza está entregada á defensa dos privilexios do franquismo" e que "a sombra da dereita é moi longa e ten moitos brazos tamén na Xustiza".

A portavoz nacionalista sostén que o proceso foi "inadmisible", porque se emitiu nunha semana unha sentenza que trata de "pechar" unha "reivindicación democrática" do Concello, "o seu lexítimo propietario", e que considera que estaba "fundamentada desde o punto de vista legal".

Ante isto, alertou de que a sentenza xudicial se poida utilizar como escusa para non reclamar a propiedade do Pazo de Meirás, o histórico inmoble da escritora Emilia Pardo Bazán situado en Sada (A Coruña) e que Franco recibiu grazas a un "peditorio popular" no ano 1938.

Fronte a isto, instou a non "dar ningún paso atrás e dalos todos adiante", lembrando, ademais, que 19 persoas vinculadas ao BNG e movementos sociais están denunciadas polos Franco por acceder ao pazo durante unha protesta na que reclamaban a súa devolución a patrimonio público.

"Non imos permitir que a extrema dereita xudicial nos meta medo nos xulgados", reivindicou Pontón, quen apelou a seguir reclamando "o que é xusto, que os bens que se roubaron durante o franquismo se devolvan, desde as estatuas ao pazo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Galicia primeiro

Eu quero que Pontona reclame a os seus camaradas de Bildu os galegos mortos por ETA e o lugar onde enterraron aos tres mozos galegos torturados e desaparecidos por ETA en San Juan de Luz en 1973. As persoas importánme máis que as pedras.

1 Alpinista

Non, estimada Ana Pontón, disparas ao vento! Culpables son os políticos, de xeito especial o teu adorado PsoE e o doméstico PcE, por non modificar as leis. Os xuices aplican, desde o conservadurismo puro e con tintes franquistas, o que os políticos lexislan. E no caso das estatuas a razón legal ampara aos Franco, como tamén o fará con Meirás. Polo tanto, esixelle ao PsoE! En 43 anos fostes incapaces de reclamar, logo se queredes facelo revisase todo o entramado desde a transición. Ou calade, como fixestes até agora, para seguir engordando os de sempre.

1 Lino

Non mates á mensaxeira nen fagas demagoxia barata. O BNG leva décadas defendendo o patrimonio cultural galego e denunciando o seu abandono. O de Meirás foi épico. Ónde estabas ti? Hoxe en Galiza todo asemella ser xacobeo ou pailanadas carísimas que en nada axudan ao noso patrimonio cultural. O BNG loitou en Compostela, Madrid, Bruxelas e en todos os concellos pola nosa herdanza. Os outros partidos ven á cultura galega con desprezo ou desgana. O teu discurso é dun quintacolumnismo que anoxa. Es un submarino.