A Xunta ve duplicadas as axudas ás familias modestas con fillos

Benestar tenta xustificar a reducción case do 50% dos cartos das súas prestacións para familias con fillos menores de tres anos, noticia que adiantou o GC, alegando que xa desgraban no IRPF.

Por Galicia Confidencial | Saltiago de Compostela | 27/09/2011 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

 A Consellería de Traballo e Benestar recoñece que os novos criterios para acceder ás axudas por fillo a cargo menor de tres anos deixarán fóra a un bo número de familias que ata o de agora a viñan percibindo. Pero en lugar de apelar á crise ou aos recortes orzamentarios, o departamento que dirixe Beatriz Mato xustifica a decisión para evitar "duplicidades" nas prestacións dirixidas a pais con fillos nesta franxa de idade, que tamén teñen dereito a unha desgrabación á hora de facer a renda.

None

A Xunta ofrece a todas as familias unha deducción fiscal por nacemento ou adopción de fillos de entre 300 e 360 euros ao ano que, ata o de agora, era perfectamente compatible coa prestación económica de Benestar. Pero segundo as explicacións facilitadas por esta consellería a Faro de Vigo, que hoxe fíxose eco da información publicada por GC o 20 de setembro, a Xunta considera que esta situación é unha "duplicidade" e por ese motivo decidiu evitala "clarificando" os requisitos para acceder á paga anual por fillo menor de tres anos.

A orde do 30 de decembro de 2010 pola que se regulan as bases das axudas para este ano fixa como requisito que os solicitantes non estean obrigados a facer a declaración da renda por mor dos seus ingresos e, a maiores, engade que tampouco a presentaran "de forma voluntaria". Este cambio resulta crucial xa que, na práctica, supón excluir de golpe a todas aquelas familias que para poder desgrabar a hipoteca ou porque lles sae a devolver, presentaron en 2010 a declaración da renda.

O argumento de Traballo é que estas familias xa teñen cuberta a axuda porque, ao facer a declaración, desgraban entre 300 e 360 euros polos seus fillos menores de tres anos. Pero o certo é que todas as familias galegas podían acceder xa a esta deducción, mentres que a paga anual dos 360 euros estaba pensada en exclusiva para rentas familiares inferiores aos 22.000 euros.

A apelación que fai o departamento de Beatriz Mato a unha suposta inxusticia no reparto das axudas, polo tanto, non se pode entender cando as únicas familias que tiñan a posibilidade de cobrar en Galicia polas dúas vías (a deducción fiscal e a paga de Traballo) eran as de rentas medias e baixas. A situación anterior favorecía ás familias máis modestas, como debería ocurrir con calquera tipo de axuda de carácter social, mentres que os cambios introducidos perxudican precisamente aos pais con menos ingresos e á súa costa a Xunta logrará un recorte do 43% no orzamento destinado a unha prestación que puxo en marcha no seu día Manuel Fraga. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Escéptico

A área de Benestar vai coma o carallo, pero a de traballo aínda peor, se cabe: http://www.xornal.com/artigo/2011/0...

1 Xan

Nunca subestimes o que poden facer coa de benestar ... http://www.blogoteca.com/bloquedeoz...

3 Black Crow

Es que hay gente que se cree que puede vivir a costa de papa estado : encima de ser pobres se les da por tener hijos aun por encima ... y de vez en cuando enferman !!

2 observador

Hai que ter en conta ademáis que era un absoluto exceso a pasta que se daba/fillo. Máxime en Galicia que non ten ningún problema de envellecemento e que ten nenos a moreas. É lóxico pois que antes que retirar ás axudas á prensa afín, ós touros ou á igrexa comecemos a recortar polo que evidentemente é un malgasto.

1 Daniel La Coruña

Cinismo. Si no hay porque el repartito se lo gastó en mojitos habrá que gestionar mejor, no?