As viaxes "institucionais" do Goberno galego

Os galegos espallados polo mundo son un dos maiores activos con que conta este pequeno, e vello país, situado no Fisterra de Europa.

Por Marisol Soneira | Vimianzo | 29/09/2011

Comparte esta noticia

Hai xente que, descoñecedora do potencial que agocha este patrimonio, quédase co titular fácil dunha nova lacrimóxena dun ancián emocionado que volve a terra dos seus avós, e non cae na conta que, detrás dese ancián emocionado, hai fillos e netos que, vivindo noutro país e noutra cultura, séntense galegos e sintetizan na súa vida diaria ámbolos dous mundos.

Eses fillos e netos son Arxentinos, Uruguaios, Brasileiros, Suizos... e españois, na súa inmensa maioría. Para todos eles conxugar ámbalas dúas realidades non significa ningún obstáculo. O contrario, hoxe hai, nalgúns países iberoamericanos sobre todo, unha volta as orixes e descóbrese o orgullo de pertenza a patria de orixe. A diferencia entre estes e os seus pais e avós é o salto cultural, social e económico que eles teñen dado nas sociedades a onde chegaron centos de milleiros de galegos emigrados dunha aldea remota, dun país atrasado no económico, asfixiado nas liberdades, e desprezado na súa cultura e lingua.

Entre todos eles hai xente en tódalas ramas de actividade: presidentes de república, xuíces, deportistas de élite, empresarios multimillonarios, escritores, profesores universitarios, periodistas, estrelas do cine e da televisión, obreiros manuais e especialistas técnicos, e un longo etc, que sería moi longo de citar. Todas estas persoas, traballando en rede e comprometidos nun proxecto común para unha Galicia con futuro, convértenos nun dos países con mais proxección internacional do mundo.

A resposta de Feijoo a esta realidade obxectiva, é volver as vellas fórmulas fraguianas de utilizar os recursos públicos de Galicia para facer a campaña electoral dunha formación política. Mesmo en apoio de candidatos de ámbito estatal. Non é novo nunha formación política que mesmo ten pedido ir a votar a sede do Partido Popular, en Montevideo,  con profusión de cartelería co careto dun Fraga rexuvenecido hate épocas de Palomares.

Nos dous anos e medio de goberno de Feijoo temos asistido as moitas viaxes do Sº Xeral de Emigración que non distingue entre o seu papel institucional, o seu cargo orgánico dentro do Partido Popular, ou entre as súas dotes “literarias” de escribidor de misivas impropias dun membro de calquera goberno democrático. A última, constituíndo o comité electoral do PP en Arxentina é unha mais pero non a única. Pero non é solo Santiago Camba quen mistura o institucional co orgánico xa que, as tan criticadas Delegacións da Xunta de Galicia no Exterior postas en marcha polo goberno de Touriño, son hoxe a punta de lanza do Partido Popular para a súa rede político partidaria.

Pero o de Feijoo é aínda mais lamentable por cando representa a dignidade de tódolos galegos, residan onde residan. O Presidente que non viaxou en véspera das eleccións municipais, quizá porque a reforma da LOREG retiroulle o dereito a voto e, polo tanto, xa non son tan “galegos coma el”, viaxa agora agochando a finalidade do periplo na loable intención de promover a internacionalización da economía galega e a de acadar capital para o novo banco nacido de Novacaixagalicia.  Se fose certo a primeira, porqué a internacionalización solo se promove en véspera electoral e no proceso en que os emigrantes si poden votar? Porqué a internacionalización non se promoveu nas vésperas das eleccións municipais cando os emigrantes non podían votar?

Logo está o de acadar capital para o NCG Banco. Feijoo, que se comprometeu a garantir a galeguidade da primeira entidade financeira de Galicia, como Boabdil de Granada anda a chorar entre os galegos do exterior o que el, no exercicio das súas obrigas e faltando ó seu compromiso político, foi incapaz de defender. A viaxe de Feijoo a México e Panamá é a constatación do gran fracaso de Feijoo en todo o tránsito das caixas galegas cara a súa bancarización, e, como no pasado,   esta viaxe ten por finalidade principal a captación de votos para Rajoy e non a de garantir a galeguidade do novo banco, aínda que esta resida alén do mar. En todo caso solo hai que ler o que dixo un dos hipotéticos inversores: “Este es un negocio donde se trata de comprar barato y vender caro...” Non sei si se refería ó novo banco ou ó apoio a candidatura de Rajoy. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Marisol  Soneira Tajes Nace en Camariñas en 1954, municipio do que foi concelleira desde 1987 hasta agosto de 2005. Alí foi unha das responsable e coordinadora da recuperación dos encaixes de Camariñas como actividade laboral e cultural. Deputada no Parlamento de Galicia desde 1999, onde exerceu de portavoz da área de emigración, Medio Rural e pesca. Actualmente é Sª de Acción Electoral da Comisión Executiva Provincial da Coruña, do PsdeG-PSOE.