Temas: ARTE CINEMA TEATRO

Certames, ciclos e festivais de escena poderán acceder a novas liñas de axudas

Teranse en conta criterios prioritarios como a traxectoria e interese cultural e artístico do evento e a contribución para crear novos públicos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2019 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura publicou unha nova convocatoria de subvencións para apoiar a realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, dirixida a institucións sen ánimo de lucro, entidades locais galegas e agrupacións de concellos.

Esta orde de axudas, impulsada pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, está dotada cun total de 50.000 euros e nela inclúese o financiamento dos gastos correntes derivados da realización dos programas e actividades de promoción e difusión cultural.

As entidades que desexen acollerse a esta orde de axudas dispoñen dun mes. A axuda máxima por beneficiario será de 6.000 euros, que en ningún caso poderá exceder o 70% do orzamento total do proxecto que se vaia a realizar. Este importe de 6.000 euros ascenderá a 7.500 euros cando se trate de solicitudes conxuntas de entidades locais.

A comisión encargada de valorar as solicitudes terá en conta como criterios prioritarios a traxectoria e interese cultural e artístico do evento, a súa singularidade e relevancia, a contribución á creación de novos públicos, a repercusión territorial da iniciativa e o seu nivel de financiamento, entre outros.

Teatro María Casares. REMITIDA
Teatro María Casares. REMITIDA

Temas: ARTE CINEMA TEATRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta