Temas: ARZúA QUEIXO

O Festival do Queixo 2019 vai completando cartel

A organización vén de anunciar novos grupos para a edición deste ano, edición que ten xa a formación gañadora do concurso 'Queixo Maquetón', e confirmados de hai semanas 'Ses' e 'Herdeiros da Crus'.

Por X.M. Fernández | Arzúa | 15/02/2019 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Dentro do programa da 44ª Festa do Queixo, veñen de confirmarse Broken Peach, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e Rafa Morcego DJ.  

Heredeiros da Crus. Cedida: Org. Festa Queixo
Heredeiros da Crus. Cedida: Org. Festa Queixo

Tres novos e agardados concertos para a noite grande de Arzúa na súa exaltación festiva do Queixo da Ulloa. Todos os concertos serán de balde e baixo unha gran carpa que se instala por terceiro ano consecutivo, no campo da feira de Arzúa.

Estas novas confirmacións, xúntanse aos concertos xa pechados hai unhas semanas dos ribeiráns Heredeiros da Crus e da Coruñesa SES.  Xunto a eles, tamén confirmada a actuación de apertura do festival o sábado 9 de marzo ás 21.30 h., co cuarteto vigués “Inerttes” gañador da 11ª edición do concurso "Queixo Maquetón" entre 73 bandas presentadas desde todo o Estado. Este grupo levará como premio 1.000 euros pola actuación máis 300 en concepto de gastos de desprazamento e estancia en Arzúa.

Os concertos do festival do queixo terán lugar o sábado 9 e domingo 10 de marzo.

Temas: ARZúA QUEIXO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta