O goberno de Lugo presenta uns orzamentos de 96,6 millóns, con aumentos en investimentos e política social

Incorpora axudas para estudantes e mozos e tamén un plan de barrios para fomentar as políticas de emprego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2019 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, e a concelleira de economía, Ana Prieto, presentaron o proxecto de orzamentos para o presente exercicio que ascende a 96,6 millóns de euros, aumentando as partidas con respecto ao pasado ano en 1,2 millóns. Méndez destacou que se mantén o nivel de investimentos, "sen subir o esforzo fiscal", destinándose 15 millóns "o que supón un aumento do 30 por cento neste mandato".

A rexedora puxo o acento no investimento en materia "social", presumindo de que o "ADN e medula espinal" do partido son "as políticas sociais" para o que se consignan "28 millóns de euros aumentando un 18 por cento con respecto ao exercicio de 2018 e que representa o 30 por cento do orzamento total".

Contémplanse distintas accións, como "un plan integral para mellorar a seguridade viaria", dirixíndose a iso un millón de euros nos 1.115 pasos de peóns con que conta a cidade.  Entre as novidades, incorpóranse cen mil euros para estudantes de Erasmus, para 75 mozos que poderán optar a estas axudas de "cen euros" ao mes.

Para Benestar Social e Educación déixanse 14 millóns de euros, un doce por cento máis, a pesar de desvirtuar Méndez que estas "políticas sociais son competencia da Xunta de Galicia". Mantense o plan de barrios, ademais de seis millóns de euros para fomentar políticas de emprego.

Lara Méndez avanzou que se darán a coñecer as contas á oposición, confiando que voten a favor xa que se inclúen partidas para facer fronte a "acordos plenarios".

Con todo non cre que estas contas se poidan aprobar no pleno que se celebrará a finais do presente mes de febreiro. O impacto sobre os lucenses, é de "800 euros por cada veciño" cando se sitúa o "esforzo fiscal" nuns seiscentos euros por habitante.

Lara Méndez
Lara Méndez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta