A Armada Brancaleone foise a Madrid

Pensei que fora un zapatazo pero Xosé Manuel Brancaleone tan só por descoido golpeo a mesa. O ruído non foi escoitado, os seus cabaleiros molestáronse polo importuno e os seus antigos palmeiros non escoitaron nada. Todo foi silencio. Un mortal silencio. Outra vez a cabalgar sen destino certo. Agora son varias as batallas para dar ao mesmo tempo.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 19/02/2019

Comparte esta noticia
O certo é que a historia medieval continua dando titulares de actualidade. A convocatoria ás eleccións xerais do 28 de abril, aumenta os desafíos que ten a esquerda patriótica.
 
Aínda que para Bildu ou ERC será unha oportunidade para aumentar a súa influencia política electoral, no caso de Galicia, a brecha aberta demostrase a crise de representación da esquerda galega.
 
A ruptura de En Marea e a ortodoxia táctica do BNG poden xerar un retroceso electoral moi importante. A actitude de ANOVA -coa bendición de Beiras- de converterse nun apéndice de Unidos Podemos, debilita aínda máis a posibilidade de confluencia, nestas ou futuras eleccións.
 
Otegi fai poucos días reflexionaba sobre a necesidade de ampliar as políticas de alianzas para enfrontar ao neofascismo, a esta tese sumouse Beiras aínda que rápidamente tomou posición en exclusiva por Unidos Podemos. Esta última formación vai potenciando sen inmutarse as súas posicións nacionalistas españolas da esquerda socialdemócrata.
 
Mentres tanto no noso país prevese para as distintas eleccións que están axendadas tres opcións con certo caudal electoral. A esquerda española estará representada pola alianza de ANOVA e Unidos Podemos, mentres os galeguistas estarán representados polo BNG e a candidatura do que queda de En Marea. O pronóstico é preocupante.
 
Quizais esta situación nos leve á necesidade a repensar a esquerda patriótica. Durante estes anos confundíronnos con novos conceptos moi modernos e aparentemente máis democráticos, que terminaron por desarmar á militancia política e baleirala de contido. Mentres a pequena burguesía, os profesionais e os empregados públicos sexan os protagonistas fundamentais dos hipotéticos cambios, pasaremos nuevamente por éxitos e fracasos. Galicia necesita un proxecto estratéxico de soberanía nacional e terán que ser os traballadores/as e os sectores populares os únicos capaces de pilotear este barco cara á liberación nacional e a República Galega.

Yolanda Díaz (EU), Xosé Manuel Beiras (Anova) e Pablo Iglesias (Podemos). EUROPA PRESS - Arquivo
Yolanda Díaz (EU), Xosé Manuel Beiras (Anova) e Pablo Iglesias (Podemos). EUROPA PRESS - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.