A muller e a natalidade centrarán o pleno previo ao 8M, Día Internacional da Muller

Para ese día, varias organizacións sindicais teñen convocado unha nova folga feminista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2019 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

Os dereitos da muller e a igualdade entre xéneros centrarán o próximo pleno do Parlamento de Galicia, que terá lugar unha semana antes do 8 de marzo, xornada na que se conmemora o Día Internacional da Muller e para a que varias organizacións sindicais convocaron unha nova folga feminista.

Na sesión plenaria, que terá lugar os días 26 e 27 de febreiro, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, responderá a senllas preguntas do BNG e En Marea sobre esta cuestión e replicará ás cuestións formuladas sobre natalidade que lle trasladará o PSdeG.

Así o acordaron este martes os grupos con representación na Cámara galega durante a Xunta de Portavoces, que fixou a orde do día deste pleno que inclúe a comparecencia da conselleira de Política Social, Fabiola García.

Ademais, o Grupo Parlamentario Popular levará á cita o debate da totalidade do proxecto de Lei de Rehabilitación e Rexeneración Urbana de Galicia. Pola súa banda, os socialistas presentarán outra proposición de lei para reclamar o traspaso a Galicia das competencias de tráfico, circulación de vehículos e seguridade viaria.

Reunión da Xunta de Portavoces do Parlamento de Galicia
Reunión da Xunta de Portavoces do Parlamento de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta