Presentada a coalición de ERC, BNG e EH-Bildu para as europeas fronte á "imposición" da unidade de España

Co nome Agora Repúblicas as tres forzas chaman a encher as urnas de dignidade democrática e ser un muro contra o fascismo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago | 20/02/2019 | Actualizada ás 21:42

Comparte esta noticia

Os partidos Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e EH-Bildu presentaron este mércores en Madrid a súa candidatura conxunta ás próximas eleccións europeas de maio baixo o nome 'Agora Repúblicas', cuxa cabeza de lista será o exvicepresidente da Generalitat Oriol Junqueras.

O tres formacións presentaron esta coalición fronte á "imposición" da unidade de España e o fascismo, nun acto celebrado no Teatro Luchana de Madrid ao que asistiron o presidente do Parlament de Cataluña, Roger Torrent, a candidata de ERC, Diana Riba; o deputado de ERC no Congreso, Joan Tardà, a deputada de EH-Bildu, Marian Beitialarrangoitia, o senador de EH-Bildu, Jon Iñarritu, e a eurodeputada do BNG, Ana Miranda.

Torrent defendeu que a única alternativa posible é "encher" as urnas de dignidade democrática e ser o muro "infranqueable" contra o fascismo. "En Europa xógase a batalla e necesitamos deputados e deputadas valentes, comprometidos", engadiu. Na mesma liña expresouse Tardà, que asegurou que se viven "tempos de incerteza" nos que o fantasma do fascismo "percorre" Europa. "É evidente que hai que saír a gañar, as patrias non teñen sentido se estas expulsan a parte dos seus fillos", aseverou.

Pola súa banda, Beitialarrangoitia chamou a construír un bloque que "abra portas" á soberanía fronte ao "bloque autoritario" e as "ansias" de recentralización. "Por iso entendemos que as eleccións europeas non o podemos vivir como algo alleo, reforzounos aínda máis nos nosos obxectivos", sostivo.

Por último, Miranda defendeu os valores democráticos, a loita pola igualdade e o dereito a decidir en Galicia, País Vasco e Cataluña. "Unha coalición como a nosa ten que ter voz potente, alta e clara. A nosa valentía fronte ao seu medo, ilusión fronte ao conformismo", clamou.

ERC, BNG e EH Bildu presentan a coalición Agora Repúblicas ás europeas contr
ERC, BNG e EH Bildu presentan a coalición Agora Repúblicas ás europeas contr | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Gon Than

Vaia dous os comentaristas. E coinciden. Gamela e Nostrus... Iso define o que é esta sociedade de adormecidos.

1 Gamela

Seica tí es o Notario Maior do Reino de Galiza ?

2 nostrus

¿"imposición" da unidade de España? Que sepan, los que no lo saben, que la unidad de España es el pueblo español quien la impone, por lo tanto el fascismo no radica en ese hecho sino en los que no admiten que España es "una" a pesar de la voluntad democrática del pueblo español.

1 Gamela

Unha vez máis... os galegos regalando os votos !!!