Denuncian en Bruxelas o emprego "incorrecto" de fondos europeos contra incendios en Galicia

A asociación Petón do Lobo denunciou na comisión de peticións do Parlamento Europeo o emprego "incorrecto" de fondos europeos na política forestal galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2019 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

A asociación Petón do Lobo denunciou na comisión de peticións do Parlamento Europeo o emprego "incorrecto" de fondos europeos na política forestal galega. Segundo asegura a eurodeputada galega Lídia Senra, o PP bloqueou esta petición relacionada co uso de fondos europeos por parte da Xunta en materia de incendios.

Incendio forestal en Chandrexa de Queixa (Ourense). REMITIDA
Incendio forestal en Chandrexa de Queixa (Ourense). REMITIDA

"Representantes do PP español, con Millán Mon á fronte, acudiron á comisión de peticións para impedir que a Unión Europea investigue esta situación", afirma.

Pola súa banda, Senra secundou as denuncias e profundou en que "a eucaliptización e o abandono do medio rural —en gran parte vinculado ao tipo de medidas que impulsa a Política Agraria Común— pon en risco os montes" de Galicia.

Subliñou que "está amplamente demostrado que onde hai agricultores e animais pacendo e limpando os montes, o lume, se prende, non avanza".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta