Morren dúas persoas tras chocar o seu coche contra unha vivenda en Noia

Barallase a hipótese de que o conductor quedou durmido cando recollera do traballo á nai da súa moza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2019 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

Un mozo de 21 anos e unha muller de 41, ambos de nacionalidade dominicana, faleceron a madrugada deste domingo tras chocar co vehículo no que viaxaban contra unha vivenda na parroquia de Obre da localidade coruñesa de Noia.

Tal como informou o 112 Galicia, o accidente produciuse ao redor das 5,15 horas da madrugada, cando o turismo se saíu da vía e impactou contra unha vivenda na estrada AC-550, á altura do punto quilométrico 74. Os dous ocupantes do vehículo atopábanse inconscientes e o automóbil quedou "en moi mal estado".

O operativo contou coa intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Boiro, dos membros do GES de Brión, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, así como dos voluntarios de Protección Civil de Noia.

Tras os labores de excarceración, as vítimas foron atendidas polos servizos sanitarios de urxencias que realizaron, sen éxito, as manobras de reanimación.

Segundo informaron os Bombeiros de Boiro a Europa Press, barállase a posibilidade de que o accidente se producise tras quedar durmido o mozo que conducía o vehículo, "xa que non había marcas na estrada".

Así mesmo, a Policía Local de Noia explicou a Europa Press que é probable que o mozo acudise a recoller á nai da súa noiva, que saía de traballar nun local de hostalaría. Ao seu regreso, ambos impactaron coa columna dun edificio, polo que ocorreu o desafortunado suceso.

Accidente de tráfico
Accidente de tráfico | Fonte: 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta