Feijóo censura que o Goberno aprobe decretos a piques de entrar en funcións

Fraga tamén aprobou un polémico decreto das TDT's estando en funcións.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/02/2019 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, censurou que o Goberno vaia a tomar medidas por decreto no Consello de Ministros do próximo venres, porque para os cidadáns xa entrou en funcións aínda que formalmente aínda non o estea.

En declaracións tras participar nun almorzo informativo en Madrid, Feijóo cualificou de "desleal" esta forma de actuar do Goberno e especialmente en materia laboral, sobre a que o Executivo baralla tomar medidas este venres.

"Modificar unha reforma laboral cun Goberno que xa anunciou a súa data de caducidade, coas eleccións convocadas e as Cortes a piques de disolverse é un acto de deslealdade e de irresponsabilidade", agregou. Tamén Fraga aprobou un polémico decreto de concesións de licencias TDT en funcións.

O prsidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Consello. XUNTA
O prsidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Consello. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta