A esquerda galega en “terapia intensiva”

Malia as mensaxes de boas intencións dalgunhas organizacións políticas, o certo é que a esquerda galega presentarase desunida, nas distintas convocatorias electorais.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 27/02/2019

Comparte esta noticia
As crises ás veces son positivas para poder xerar unha reflexión dos actores políticos. Estamos ante unha forte depresión colectiva. Seguramente a esquerda tería que facer unha terapia de grupo. Moitos dos liderados (liderazgos), os valores, o imaxinario colectivo, a mística, entraron en crise. Foi prevalecendo o Marketing, o persoal, a sobrevivencia económica, a moqueta, o plató. A política converteuse nunha expresión superestructural, conformando unha casta sen ideoloxía, composta especialmente polas clases medias profesionais ou empregados da administración.
 
Nos últimos anos produciuse un retroceso na conciencia política dos sectores populares. Aínda que a acción da neo colonización, por parte das clases dominantes, xogan un papel destacado, tamén a esquerda abandono as distintas batallas no marco das ideas.
 
Pouca é a produción intelectual que se realiza no noso país. Nin as “bacas sagradas” do galeguismo ou a autoproclamada esquerdas rupturista, aportan nada para enriquecer un pensamento crítico, tan necesario para cambiar a sociedade.
 
Sen organización e sen ideas estratéxicas, é imposible avanzar nun proceso de liberación nacional. Repensar a esquerda e o país que queremos, debe ser unha tarefa urxente. O electoral non debe ser a única forma de facer política. É tan só un aspecto da loita de clases.
 
Agora tócanos ter a mellor táctica, para superar as distintas eleccións que están axendadas. As posibilidades son moi variadas. Aínda que creo que é necesario -ante a especial coxuntura dun posible ascenso da dereita neo franquista- de acertar nunha política de alianzas, que estea ao servizo de Galicia e as clases populares.

Bandeiras galegas
Bandeiras galegas
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.