O PSdeG solicitará á Fiscalía do Estado que revise as actuacións do fiscal xefe de Ourense

Lembran que foi o encargado de "arquivar as dilixencias" da denuncia por acoso sexual contra o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2019 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

O PSdeG anunciou que solicitará á Fiscalía do Estado que revise as actuacións do fiscal xefe da Audiencia Provincial de Ourense, Florentino Delgado, cuxa vivenda na Cidade das Burgas foi pagada pola Xunta durante doce anos, entre 2004 e 2016.

A deputada socialista Noela Branco cuestionou sobre este asunto ao conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, durante a sesión plenaria celebrada este mércores no Pazo do Hórreo. Fronte ás acusacións lanzadas pola parlamentaria do PSdeG, o titular de Facenda afeou aos socialistas que se centren "no últimos dez anos" cando o Goberno galego sufragou o custo da vivenda do fiscal desde o ano 2004, polo que entre 2005 e 2009, o bipartito mantivo este contrato, resolto no ano 2016 xa cos populares de volta en San Caetano.

Neste punto, a finalización do contrato por parte da Xunta, detívose Valeriano Martínez que, tras acusar o bipartito de "actualizar o contrato dúas veces", negou que os socialistas poidan dar "moi poucas leccións ou ningunha" ao PP.

Pola súa banda, Noela Branco lembrou que Florentino Delgado foi o encargado de "arquivar as dilixencias" da denuncia por acoso sexual contra o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar.

Así as cousas, a socialista avanzou que a súa formación política solicitará á Fiscalía do Estado pedirá a revisión das actuacións do fiscal xefe de Ourense para investigar se "se rexiu pola legalidade" durante a etapa na que a Xunta sufragou os gastos da súa vivenda.

Reunión de Xunta e Fiscalía en Santiago de Compostela
Reunión de Xunta e Fiscalía en Santiago de Compostela

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta