Por Xurxo Salgado | Santiago | 28/02/2019 | Actualizada ás 15:03
O galego volve estár no centro da diana política. Os populares utilizaron o galego para atacar ao bipartito falando de imposicións e, tras dez anos de goberno popular, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, volveu entrar nese debate que en Galicia capitalizou Ciudadanos tras a proposta do seu líder en Madrid, Pablo Casado, de prohibir o coñecemento dunha lingua propia que non sexa o castelán para acceder á función pública.
"Nós imos cumplir a lei", suliñou un Feijóo visiblemente incómodo ao ser preguntado pola proposta lingüística de Casado. En todo caso, quixo aclarar que en Galicia, o idioma galego non é un requisito, senón un "mérito" para acceder aos postos da función pública, "sobre todo nos máis técnicos", dixo en alusión aos de Sanidade, tras anunciar novas prazas en Atención Primaria. "Iso foi sempre así e seguirá sendo así", sinalou.
En todo caso, non quixo a entrar a valorar en profundidade a proposta popular ata "non coñecela ben", pero quixo aclarar que, en todo caso, "no va dirigida a Galicia". Nun perfecto bilingüismo harmónico --xa que utilizou o galego e o castelán para respostar--, aínda que a pregunta fora en galego, Feijóo suliñou que a proposta do seu líder está dirixida ás autonomías onde gobernan os independentistas "y quieren imponer un idioma".
Así, aclarou que en Galicia o idioma "no es un problema ahora y no lo será en el futuro". "Todo ciudadano tiene el derecho a ser atendido en gallego o en español", indicou. Por iso, manifestou o seu desexo de manter a Lei de Normalización Lingüística.
CIUDADANOS APLAUDE A DECISIÓN
Un punto no que non coincide Ciudadanos que este mesmo venres aplaudía que os populares se sumen, agora, as súas propostas lingüísticas. "Alégranos que rectificase e se sume a unha proposta feita por nós", destacou o portavoz de Cs pola provincia de Pontevedra, Javier Alonso, aínda vendo un "transfondo electoralista".
Este representante da formación laranxa expuxo, ademais, a preguntas dos xornalistas, a necesidade de "revisar" a lei de normalización lingüística de Galicia, de 1983 (e a partir da cal foi impulsado un plan xeral na época do popular Manuel Fraga coa unanimidade de todos os grupos parlamentarios). O seu partido, remarcou, está "sempre ao lado da liberdade, nunca da imposición".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.