Todo o Parlamento insta a Xunta a seguir coas medidas contra a praga da pataca ata a súa erradicación

O PP cre que as medidas postas en marcha pola Xunta están obtendo "resultados que convidan o optimismo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2019 | Actualizada ás 20:47

Comparte esta noticia

O Parlamento galego instou por unanimidade este xoves á Xunta —tras unha proposición do PPdeG— a "seguir coas medidas e protocolos" establecidos na loita contra a praga da pataca ata conseguir a súa erradicación.

Praga da pataca
Praga da pataca

Durante o debate na comisión de Agricultura, o deputado popular Carlos Gómez Salgado defendeu as medidas postas en marcha pola Xunta con "resultados que convidan o optimismo", á vez que destacou a recente visita de técnicos da UE a Galicia na que constataron a eficacia das accións.

Pola súa banda, Davide Rodríguez (En Marea) botou en falta "autocrítica" por parte da Xunta, mentres José Pérez Seco (PSdeG) cre que xa "debía estar resolta".

A continuación, a deputada do BNG Noa Presas considera que esta iniciativa queda curta ao ter "pouca esixencia" en "un tema debatido tanto".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta