A Xunta sobre os problemas de Abanca:"Hai interese en sabotear os servizos informáticos"

"Na Xunta nos pasa e temos que gastar moitisimo diñeiro, máis do razoable, en seguridade informática", dixo o presidente galego que aclarou que el, como usuario, foi informado dos problemas técnicos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2019 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu este xoves "non ter información" sobre se a Administración autonómica foi prexudicada polos problemas informáticos de Abanca, que mantiveron fóra de uso os sistemas informáticos da entidade durante case un día. Con todo, vinculou este problema cos ataque informático por parte de hackers ás grandes organizacións.

Muller sacando diñeiro dun caixeiro automático do banco ABANCA
Muller sacando diñeiro dun caixeiro automático do banco ABANCA

"Aquí houbo e hai xente que ten interese en destruír os sistemas informáticos das compañías e, polo que parece, de calquera tipo de compañía", dixo. "Na Xunta xa tivemos problemas de virus informáticos e de hackers que están tentando nalgúns momentos tumbar o sistema informático da Xunta", engadiu na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. E insistiu nesa argumentación ata en tres ocasións. "En todas as grandes organizacions públicas ou privadas hai interese en sabotear os servizos informáticos. Na Xunta nos pasa e temos que gastar moitisimo diñeiro, máis do razoable, en seguridade informática", aclarou.

Así, recoñeceu que, no caso do Goberno galego, hai que protexer todos os sistema públicos, sobre todo, as historias clínicas e as historias farmaceuticas "porque se se cae o sistema pois quedamos sen poder facer unha prestación eficaz". "E supoño que a Abanca lle pasaría unha cousa similar", suliñou.

Por iso, dixo "non ter información" sobre se a Administración autonómica foi prexudicada polos problemas informáticos de Abanca. "Supoño que como calquera outro usuario ou calquera corporación", engadiu, aínda que, posteriormente, fontes do Goberno galego garantiron que todos os funcionarios percibiron a súa nómina con normalidade. "Eu como usuario si fun notificado", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta