Por Europa Press / Redacción | MADRID | 01/03/2019 | Actualizada ás 13:47
O tempo estable, con ceos pouco nubrados e temperaturas máis altas do normal seguirán durante o fin de semana e os días de Entroido na maior parte de España, excepto en Galicia, onde poden producirse algunhas choivas e chuvascos, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).
Estas choivas e chuvascos que afectarán a Galicia, o Cantábrico oriental e Pireneos poderían ser localmente intensos ou persistentes no oeste de Galicia o domingo. Os ventos a fin de semana soprarán do suroeste con intervalos fortes en Galicia.
O luns de Entroido as choivas e os chuvascos débiles afectarán a Galicia, Cantabria, País Vasco e Pireneos occidentais e tamén poderían darse, pero de forma máis débil e dispersa noutros puntos do terzo norte e no suroeste peninsular. A neve podería producirse a partir de 900 a 1.200 metros na cordilleira Cantábrica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.