Eliminados tres puntos de verteduras de augas residuais na ría de Pontevedra en Poio

A problemática detectada foi posta en coñecemento do Concello de Poio para que se notificase ao titular que leva a cabo as oportunas actuacións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2019 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

A Conselleríla de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou tres puntos de vertedura que afectaban á ría de Pontevedra no lugar de Riodama, no termo municipal do concello de Poio (Pontevedra). Os traballos de identificación do foco contaminante foron levados a cabo polos inspectores do Plan de Control de Verteduras de Augas de Galicia, no marco das inspeccións rutineiras á rede fluvial e na liña da costa neste municipio.

Ría de Pontevedra. / Mónica Patxot / pontevedraviva.com
Ría de Pontevedra. / Mónica Patxot / pontevedraviva.com

Os técnicos de Augas de Galicia identificaron que os achegues contaminantes correspondíanse con augas residuais domésticas que procedían dunha vivenda familiar asentada na zona, que se vertían sen recibir tratamento de depuración cara ao río Muíño, no tramo da súa desembocadura na ría, atravesando a praia de Laño.

A problemática detectada foi posta en coñecemento do Concello de Poio para que se notificase ao titular que leva a cabo as oportunas actuacións destinadas á emenda de contaminación, asociada aos puntos de vertedura.

Os inspectores de Augas de Galicia efectuaron recentemente a inspección de seguimento á zona, na que comprobaron a emenda do punto de vertedura, tras a conexión das augas residuais domésticas, procedentes da vivenda á rede municipal de saneamento existente na zona.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta