Unha muller tardaría en Galicia 615 anos en igualar o soldo ao dun home

As diferenzas nas nóminas en Galicia entre un home e unha muller son de 4.431 euros anuais, a favor do sexo masculino.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 05/03/2019 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

As galegas cobran de media un 27,5% menos que os homes, segundo a terceira edición do informe 'Brecha salarial e teito de cristal' do colectivo de técnicos de Facenda (Gestha), que indica que en termos absolutos, a diferenza nas nóminas en Galicia é de 4.431 euros anuais.

Gestha sitúa a Galicia como o caso máis extremo, xa que calcula que, ao ritmo actual, é onde se tardaría máis tempo en suprimir a brecha salarial, con 615 anos. As seguintes diferenzas salariais máis radicais sitúanas os técnicos de Facenda na Rioxa, onde cifran en 421 anos os necesarios para equiparar percepcións, mentres que sitúa en 87 anos o período medio que no conxunto de España sería necesario para igualar as nóminas de homes e mulleres.

No entanto, en Galicia as diferenzas salariais reducíronse en 82 euros entre 2016 e o ano pasado, mentres que se se amplía o período analizado á década entre 2005 e 2015, a brecha reduciuse en 86 euros.

Por contra, no conxunto estatal, Gestha sinala que a brecha salarial ensanchouse en 104 euros en 2017 con respecto ao ano anterior. Aínda que as diferenzas de soldo reducísense un 15% entre 2005 e 2015, desde entón non deixaron de aumentar e nos tres últimos anos incrementouse en 229 euros.

DATOS NACIONAIS

En España, as mulleres cobran de media un 29,3% menos que os homes, o que se traduce en termos absolutos nunha brecha salarial de 4.849 euros anuais. As áreas xeográficas con maiores desigualdades son Ceuta e Asturias, onde as mulleres cobran un 37,8% e un 37,6% menos, respectivamente. No outro lado da balanza, as menos desiguais serían Canarias e Estremadura, comunidades nas que aínda así cobran un 16,6% e un 20,1% menos, aínda que en ambos os casos a menor brecha débese principalmente aos baixos soldos dos homes nestes territorios.

Os cálculos de Gestha demostran que a brecha salarial aumenta coa idade, intensificándose nas idades onde se concentra a maternidade e o coidado dos maiores. Así, os saltos máis significativos prodúcense a partir dos 36 e 46 anos e as maiores diferenzas de soldo entre uns e outras se localizan a partir dos 65 anos, unha idade na que a brecha supera os 11.400 euros.

8 De Marzo: Día Da Muller Traballadora. ISTOCK - Arquivo
8 De Marzo: Día Da Muller Traballadora. ISTOCK - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

As diferencias son porque hai mulleres que ocupan postos peor retribuidos. Non porque as mulleres cobren menso, polo feito de ser mulleres, por facer o mesmo traballo. E o que nunca se di neste tipo de noticias. I e polo que sempre se fala de salarios " de media". E o truco de sempre. As caixeras dos super, as enfemeiras, as empregadas das conserveiras, as bibliotecarias, ou, en xeral, calquer muller, non cobra menos por ocupar un determinado posto de traballo, que si ese posto de traballo o ocupara un home.