Manuel Rivas gaña o premio internacional de Escritura en Lingua Materna de Ostana

Este premio quere poñer en valor as linguas de pequenos territorios e linguas minoritarias no mundo.

Por Galicia Confidencial | | 05/03/2019 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

O escritor Manuel Rivas recollerá a finais de maio o Premio Internazionale de Scritture in Lingua Madre de Ostana 2019. Este premio, que vai pola undécima edición, está organizado pola comuna-concello de Ostana, no Val de Po (Italia), e a Asociación Cultural Chambra d'Óc. 

Manuel Rivas
Manuel Rivas | Fonte: cuaderno10.com

O Premio Ostana naceu no ano 2008 coa intención de poñer en valor aos creadores que escriben as súas obras na “lingua materna”, linguas de pequenos territorios e minoritarias no mundo.

O premio asignase cada ano a autores de todo o mundo segundo diversas categorías como o Premio internacional, Premio nacional, Premio para a lingua occitana, Premio novo, Premio especial, Premio para a tradución, Premio á composición musical ou Premio ao cinema.

Para o Premio internacional e Premio nacional son seleccionados autores que utilizasen nas súas obras, en toda ou en parte, unha das linguas minoritarie recoñecidas no ámbito nacional e internacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta