Día da Muller

Outro ano mais conmemorando o día da muller, intentando que as mulleres logren definitivamente todos os dereitos que durante séculos lles foron negados, polos distintos sistemas sociais. Desde a aparición da propiedade privada, a muller paso a ser propiedade do home e todas as sociedades abalaron esta situación. Aínda que as mulleres non son un suxeito histórico por encima ou á marxe das clases sociais, non hai liberación social dos homes traballadores, sen a participación en términos de igualdade da muller.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 08/03/2019

Comparte esta noticia
Moitas correntes feministas lonxe de comprender o papel conxunto, serven aos intereses do sistema enfrontando aos xéneros. O certo é que no noso país a loita da muller polos seus dereitos individuais e colectivos ten moitos anos de existencia. Podemos remontarnos á participación das mulleres nas revoltas campesiñas dos Irmandiños, as persecucións sufridas durante a inquisición con centenares de mulleres condenadas á fogueira. Tamén durante a resistencia contra a invasión napoleónica. Nos dous últimos séculos foron protagonistas invisibles do fenómeno da emigración. As mulleres xogaron -nos principios do século pasado- un papel activo conformando sindicatos, especialmente na consérva, a cerámica ou o ensino. Ou converténdose en defensoras dos postos de traballo dos seus maridos. Recordaremos ás actuais campesiñas e mariscadoras. Tamén ás traballadoras contemporáneas da saúde, do ensino, de fabrícalas, do comercio. 
 
Este 8 de marzo debemos de reivindicar a nosas máis universais mulleres, Rosalía de Castro, Concepción Arenal e a Condesas de Pardo Bazán. Ou nosas miles de mulleres mártires ou presas durante a guerra civil, como Amada García, de Murgados; Rosario Hernández Diéguez, A Calesa; Carmen Miguel Agra, morta no Bou Eva; Anxos Igrexas Rebollar, A Protestante; Urania Mella; Placeres Castellanos; Flora de Dios Rodríguez, Isabel Ríos etc.
 
Este 8 de marzo, están máis que nunca vixente as frases de Rosa Luxemburgo: “Por un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres”.

A Muralla de Lugo, de violeta para reivindicar o 8 de marzo, o Día da Muller Traballadora
A Muralla de Lugo, de violeta para reivindicar o 8 de marzo, o Día da Muller Traballadora | Fonte: LX
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.