Como celebra a Xunta este Día Internacional da Muller

Campañas en bibliotecas e en festivais para denunciar o acoso, apps ou axudas de aloxamento para vítimas. Ademais, o triple de diñeiro que hai tres anos en publicidade nos medios. Este é o xeito que ten o Goberno galego de afrontar os actos do 8 de marzo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/03/2019 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O Goberno galego apurou nas últimas semanas unha serie de medidas para poñerse ao día durante a celebración, este 8 de marzo, do Día Internacional da Muller. Unhas medidas, sobre todo, enfocadas no ámbito da violencia de xénero e, especialmente, na propaganda en medios, sen recoller iniciativas puntuais en materia laboral ou de conciliación.

Acto do Día Internacional da Muller na Cidade da Cultura
Acto do Día Internacional da Muller na Cidade da Cultura

Os informes e estudos dados a coñecer por distintas fundacións e sindicatos nos últimos días destacan a gran diferencia salarial que existe entre homes e mulleres e, especialmente, a dificultade que teñen as nais para conciliar a vida familiar coa laboral. Unhas reivindicacións que, xunto coa erradicación da violencia machista, están entre as principais reclamacións das mulleres nas distintas marchas e celebracións que terán lugar por todo o país este 8M.

Con todo, a Xunta afronta esta cita con medidas informativas vinculadas á violencia machista en bibliotecas, espazos de lecer e festivais de música, ademais de de axudas de aluguer ás vítimas. E, ademais, o Goberno galego reserva unha partida importante para facer propaganda nos grandes medios, que é unha das vías que ten a Xunta, de subvencionar ás familias mediaticas galegas.

AXUDAS E PROGRAMAS

Esta mesma semana a Vicepresidencia da Xunta anunciaba que dará entre 175 e 225 euros mensuais a todas as vítimas de violencia de xénero para aluguer de vivenda. A primeira das contías correspóndese co rural, mentres que o segundo é para as sete cidades e ao resto de vilas tócanlle 200 euros. Unhas axudas das que dispuñan as vítimas pero que, ata agora, estaban condicionadas a que a muller pasase por un centro de acollida.

Imaxe programa Día Internacional da Muller
Imaxe programa Día Internacional da Muller

Por outra banda, e xunto coa  Consellería de Cultura e Turismo, porán en marcha campañas contra a violencia machista en bibliotecas públicas e eventos de interese turístico. Entre elas destaca o programa 'Ler conta moito', que en 2019 irá destinado á "profunda sensibilización" contra a violencia de xénero; e outras liñas tamén dedicadas á rede de bibliotecas de titularidade autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago.

Este departamento tamén incidirá na campaña 'Agresión Off, eu digo non á violencia sexual', que na edición deste ano estenderase tanto a festivais de música de Galicia, como a eventos de interese turístico galego, nacional e internacional con postos informativos e obradoiros de sensibilización. Ademais, e no marco destes festivais, a Xunta insiste na App para Android presentada no verán do pasado ano para evitar agresións machistas en concertos. 

AXUDAS AOS MEDIOS

Con todo, e como outros anos, o que máis chama a atención son os cartos que o Goberno galego destina á propaganda institucional do 8M. Este ano serán case 150.000 euros que distribuirá entre os grandes medios en forma de publicidade. Unha cifra que aumentou 25.000 euros con respecto ao pasado ano e que se triplicou con respecto ao 2016.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Lad

A Vox de Galicia facendo caixa.