A Semente, escola de ensino galego, abre definitivamente

Dende hoxe con actividades para raparigos dende 2 até 12 anos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/11/2011 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O proxecto de escola "popular" Semente comezou xa a funcionar en Santiago coa "intençom de oferecer um espaço educativo em galego  baseado numha pedagogia crítica".

“Pensamos que era necesaria unha escola que orbite arredor da Galiza e ademais en galego. Fixemos un estudo de mercado e tivemos a sorte de que aparecera este local con máis de cen metros de aulas e outro tanto de horta", explicaron os promotores na iniciativa nunha información do GC.

A Semente estará aberta de 8 da mañá a 8 da tarde, traballando como centro educativo  polas mañás  e como ludoteca polas tardes para cativos de 2 a 6 anos. A ludoteca ofertará tamén diversos obradoiros para nenos e nenas de 6 a 12 anos. "Nos fins de semana também haverá atividades para pequen@s e grandes começando este mês de novembro con obradoiros para mais e pais", explican dende Semente.

Aínda que o idioma da Escola será o galego tamén contarán con material noutras idiomas. “Os cativos terán oportunidade de coñecer outras linguas porque teremos libros en catalán ou éuscaro, non pechamos as portas a visión internacional da lingua”, sinala Marcos Lopes, un dos promotores.

None

Lopes é membro da Gentalha do Pichel, centro social que apoia o traballo de  Semente. Máis información na web desta escola.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 58 comentarios

24 Christian Salles

Que formoso trabalho faz o Projeto Semente. Edificando os pequenos.

23 Arredista

Compre nom levar todos os ovos num mesmo cesto. Trabalhar por um ensino público galego é tam lícito para nós como Semente. Agora bem, se temos em conta que o sindicalismo genuíno é maioritario no ensino público dende 1982 e vemos hoje os resultados desse trabalho, nom podemos concluir que algo se fixo mal?

1 pidre

Si, que os sindicatos que ti chamas "genuínos" son uns vendidos, ou que unha cousa é predicar e outra obrar... Semente é unha mostra que evidencia as mentiras do nacionalismo que só procura poder (a UPG e as súas marcas comerciais: BNG, CIG, Mesa, Adega, Caf...), en oposición a uns colectivos minoritarios que si cren e poñen os medios que dispoñen para facer país. Outros seguen esperando pola auga caida do ceu...

2 sarille

Sabe alguén cantos anos impartiu docencia Anxo Louzao o que colocou toda a súa familia no Consorcio de Benestar e eterno upegallo liberado da CIG?

3 Arredista

Nom se trata tampouco disso... Acho que a gente honrada que trabalhe na CIG, no STEG ou na CUT no ensino público (o do Estado espanhol) devem pensar no que digem acima. Por outra parte, se conseguimos que Semente vaia do barrial ao local, a outras parroquias e comarcas e se solifique umha rede nacional, haverá máis medios para poder becar a alumnos e alumnas com pais sem recursos. O público, infelizmente, é "espanhol": é do seu Estado, das súas instituiçons e na súa língua. Porem, Semente é popular, dos que fam da língua o símbolo que unifica a todo o povo.

22 Arenga

Muito raro que os que tanto falam de neoliberais e capitalismo nom renunciam as pensons, nem o paro, nem a sanidade pública, nem a polícia, nem as subvençons, etc, etc. Menudos neoliberais e capitalistas de pufo.....

21 Muros

Parabens pola iniciativa....

20 Manoliño

Di a Constitución que os poderes públicos homologarán o sistema educativo ¿Esta escola está homologada? ¿Expide titulos de educación primaria homologados e que sirvan aos rapaces para cursar ESO?

1 Bastos

Parvo, comeza por entender o que les e comproba os anos dos rapaces que poden cursar estudos en Semente. Onde está que falen de Primaria? Non sabes nin que idades comprende a Primaria. E falando de homologar: hai cada gardería e cada colexio privado que vaia por deus. Sen ir máis lñonxe o colexio de monxas onde estudaron as miñas irmás, que nin sequera sabían inglés pero impartían esa materia.