Expertos estudan empregar o método "menos agresivo" para limpar as pintadas da Catedral de Santiago

O monumento amenceu na mañá deste martes con cinco pintadas reivindicativas en distintas zonas das súas fachadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2019 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

A Catedral de Santiago estuda o método "menos agresivo" para limpar as pintadas que foron realizadas na súa fachada e nun arco. O obxectivo é "empezar canto antes", segundo informaron fontes da fundación. Así, a Fundación Catedral sinalou que as condicións meteorolóxicas deste martes, cunha forte borrasca que atravesa a capital galega, dificultaron os labores para determinar como efectuar a limpeza.

O monumento amenceu na mañá deste martes con cinco pintadas reivindicativas en distintas zonas das súas fachadas, nas que se poden ler mensaxes como 'Eu non saín da túa costela, ti saíches da miña cona!'. En concreto, esta pintada foi realizada na parte baixa das escaleiras que dan acceso á basílica desde a Praza do Obradoiro, que xa foi tapada cun manto branco.

REACCIÓNS

Por mor do ocorrido, foron moitas as manifestacións de rexeitamento de diferentes dirixentes e partidos políticos. Tras o 'tuit' do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no que cualificaba de "auténtica vergoña" as pintadas, o Partido Popular de Santiago tachou os actos de "animalada". Neste sentido, o candidato do PP á alcaldía da capital galega, Agustín Hernández, denunciou e manifestou a súa indignación "ante un atentado de tal calibre". Así, pediu, do mesmo xeito que Feijóo, "que caia todo o peso de lei" sobre os responsables das pintadas porque, ao seu xuízo, son necesarias medidas "que non só pasan pola vixilancia, que é importante, senón para identificar os causantes".

"Solicitamos ante diversas situacións ao goberno local que se implementen medidas de control a partir da videovigilancia, con garantías legais, pero procurando que sexan efectivas. Temos dúbidas sobre a utilización, manexo e vontade do goberno actual para que esas cámara sexan unha ferramenta para garantir a preservación do patrimonio e tamén da seguridade cidadá", criticou Hernández.

Tamén o Partido Socialista de Santiago lamentou as pintadas á Catedral en Twitter, onde ha retuiteado unha mensaxe escrita pola socialista Mercedes Rosón no cal cualificaba de "inexplicable e intolerable" o sucedido. "Nada xustifica unha agresión ao noso patrimonio. Ao patrimonio de toda a humanidade", relataba o 'tuit'. Así mesmo, o BNG de Santiago condenou os ataques ao patrimonio da cidade e rexeitou "contundentemente" os actos. Do mesmo xeito que Compostela Aberta, que asegurou que "ningunha reivindicación pode servir de coartada para atentar contra o patrimonio de todos".

Ciudadanos Galicia retuiteou o texto escrito pola militante laranxa María Vilas, quen lamentaba e condenaba "estes actos vandálicos" así como as pintadas "similares" que apareceron na sede autonómica de Cidadáns en Compostela.

Tamén a deputada en Cortes por Ciudadanos Marta Rivera, portavoz de cultura na executiva nacional, expresou "dor" por ver "unhas pedras de séculos profanadas así". "Non son feministas: son tolos que detestan a beleza, o patrimonio, a historia de todos", censura. Pola súa banda, a vicesecretaria xeral de comunicación do PP e deputada pola Coruña Marta González afirmou sentir "vergoña e indignación ante este ataque" contra o patrimonio. "Espero que se identifique aos culpables e paguen por este acto", sinalou.

Pintada aparecida nas paredes da Catedral de Santiago
Pintada aparecida nas paredes da Catedral de Santiago | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Sentidiño

A caligrafía é a mesma que a das pintadas na sede de Ciudadanos: moito me estrañaría que alí non teñan cámaras de seguridade...

2 luis ferrolán do pisco

desaprovo a pintada....Pero máis suciedade vota na catedral a santa madre igrexa , facundo negocio n'ela .¿ Non cobran por deixar entrar ?

1 Gamela

case fora mellor pintar estas pedras e darlle un chisco de cor... https://youtu.be/B4D-zSv46cA