O litoral da Coruña e A Mariña terán este mércores aviso laranxa por ondas de cinco a sete metros

Son os efectos dunha borrasca.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2019 | Actualizada ás 09:45

Comparte esta noticia

O litoral da Coruña e o da Mariña luguesa permanecerán este mércores, 13 de marzo, con aviso de nivel laranxa por ondas de entre cinco e sete metros de altura.

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, a borrasca da xornada anterior deixará un importante aumento na altura das ondas, que durante o día superarán o seis metros no litoral norte.

Deste xeito, a partir das 3,00 horas deste mércores e durante o resto da xornada o aviso será laranxa no litoral coruñés e na Mariña luguesa por mar combinado do noroeste con ondas de entre cinco e sete metros.

Pola súa banda, no litoral de Pontevedra activarase desde as 6,00 horas deste mércores aviso amarelo por mar combinado do noroeste de entre catro e cinco metros de altura.

Ondas na praia de Meirás, Valdoviño (A Coruña) temporal, ondada
Ondas na praia de Meirás, Valdoviño (A Coruña) temporal, ondada | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta